“O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Manuel Rivas sobre a súa última novela, As voces baixas. Desde Xerais.”
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Bueu: presentación da triloxía Dragal, de Elena Gallego
Padrón: presentación de Tonas de laranxa, de Manuel e María Lorenzo
O
venres 16 de novembro, ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal de Padrón, preséntase o libro Tonas de laranxa, de Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Miguens, que obtivo o Premio Xerais de novela 2012. No acto participan, xunto aos autores, Anxo Angueira e Manuel Bragado.
Pontevedra: presentación de En vías de extinción, de María Reimóndez
O
xoves 15 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación de En vías de extinción de María Reimóndez en Pontevedra. O acto celebrarase na Libraría Paz (Rúa da Peregrina, 29) e contará coa participación de Fran Alonso, Eva Mejuto e a propia autora.
Vigo: presentación de O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas
O
xoves 15 de novembro, ás 20:00 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase a novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, publicada por Xerais. No acto, xunto á autora, participan Manuel Bragado e o músico Mig Seoane.
Lugo: concerto O meu primeiro Celso Emilio
O
venres 9 de novembro, ás 20:00 horas, no Círculo das Artes de Lugo, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio, baseado no libro do mesmo título publicado en Xerais, en que actuarán María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra. O acto está patrocinado polo Concello de Lugo.
Gondomar: María Xosé Queizán falará sobre o seu libro Meu pai vaite matar
O
martes 6 de novembro, na Biblioteca Municipal de Gondomar, ten lugar a cita mensual co club de lectura Sete Vidas que mantén a asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, os lectores e lectoras que queiran achegarse á biblioteca poderán falar arredor do libro de relatos Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán, publicado en Xerais. A actividade comeza ás 20:00 horas. A partir das 21:00 horas, a propia autora achegarase á biblioteca de Gondomar para conversar sobre a súa obra coas persoas que acudan ao club.
Marcos Calveiro: “Eu non elixín África como marco da novela: foi ela a que me elixiu a min”
A
edición viguesa de La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 por Palabras de auga. Nela, o autor do Premio Merlín asegura que: «eu non elixín África como marco da novela: foi ela a que me elixiu a min». E logo engade: «Naceu nunha nova que lin nun xornal. Contaba que no Sahel, unha zona de moita fame, as mulleres non tiñas outra que procurar nos formigueiros os grans recollidos polas formigas. Pareceume unha imaxe tan impactante da condición humana que naceu esta historia». Marcos Calveiro observa o futuro con optimismo e asegura que «lectores sempre haberá e libros hai moitos na historia da literatura».
A entrevista completa pódese descargar aquí.
Santiago: presentación de Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro
O
martes, 30 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Ana Salgado e Manuel Bragado.
Gondomar: Ramón Caride participa na sesión do clube de lectura Lendo contigo
O
sábado 27 de outubro, ás 12:00 h., na Biblioteca Municipal de Gondomar, terá lugar unha nova sesión do Clube de Lectura compartida Lendo contigo, dirixido a nenas e nenos de 7 a 11 anos, xunto aos seus pais e nais. Nesta ocasión falarase sobre o libro Andanzas de Xan Farrapeiro, de Ramón Caride, publicado en Xerais. Na primeira parte comentarase o folleto preparado para esa lectura e logo manterase un encontro coa presenza do propio autor.
