O
venres 20 de xullo, ás 21:30 horas, no Espaço Breyner85, rúa Breyner, 85, de Porto, preséntase a novela Dark Butterfly, de Rexina Vega. No acto, xunto á autora, participan Lucía Riveiros e Begoña Outeiro.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Castelao foi acollido como un debuxante revolucionario na URSS: entrevista con Xesús Alonso Montero en Radiofusión
“Entrevista
con Xesús Alonso Montero sobre o seu libro Castelao na Unión Soviética en 1938. “Os soviéticos decatáronse da importancia política e artística dos debuxos de Castelao” afirma o catedrático de Lingua e Literatura Xesús Alonso Montero. O dirixente do Partido Galeguista, antes de rematar a guerra, visita tamén Cuba e Estados Unidos, dentro dunha campaña diplomática dirixida a lograr apoios para a Segunda República. “Castelao cambia logo a raiz do pacto xermano-soviético, que foi un golpe moi duro para vellos militantes do Partido Comunista, e para persoas que tiñan simpatía coa Unión Soviética, pero que se veu abaixo” salienta Alonso Montero. Aquí se pode escoitar a entrevista en mp3.” Vía Xerais.
Agustín Fernández Paz: Coherencia e compromiso
A
edición galega do ABC publicou o pasado domingo un perfil de Agustín Fernández Paz escrito por Moncho Paz. O texto, titulado Coherencia e compromiso, pode descargarse aquí en pdf“. Vía Xerais.
María Reimóndez: “Gaia é unha ponte entre distintos mundos”
“O
Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a María Reimóndez, sobre En vías de extinción. María Reimóndez fala de biodiversidade e diferencia para se referir á súa última novela, protagonizada por Gaia, unha persoa rebelde que non acepta a uniformidade. A entrevista pode escoitarse aquí en mp3.” Vía Xerais.
Proxecto Actívate co galego, a partir de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
“Estase
a preparar un proxecto baseado en persoas que conten cal foi o resultado da aplicación dos consellos para vivir en galego que aparecen no libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, escrito por Carlos Callón e editado en Xerais. Por iso, se utilizaches nalgunha ocasión ese manual práctico, podes enviar a túa historia ou as túas historias ao correo electrónico dereitos@carloscallon.com
Non é necesario que o testemuño sexa longo. O que se considera esencial é que se compartan estas experiencias, xa que poden servir de espello e estímulo para que todas e todos nos activemos na defensa da nosa lingua. Porque falamos galego e temos dereitos!”
“Antón Reixa é un ghicho do Calvario que quere ser un poeta de masas”. Entrevista con Cid Cabido e Manuel Xestoso sobre Antón Reixa. Ghicho distinto
Entrevista
a Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso no Faro de Vigo sobre Antón Reixa. Ghicho distinto, desde Xerais:
“(…) – Faro de Vigo (FdV): Se me permiten Vdes. a ironía, tan complicada de abordar resulta a figura de Antón Reixa que facían falta dous autores para escribir este libro?
– Manuel Xestoso (MX): Non é unha fórmula infrecuente.A idea do libro nace dunha serie de conversas ocasionais entre nós os dous, nas que descubrimos que tiñamos sobre Reixa e a súa actividade poética puntos de vista complementarios: o do crítico e o do escritor.
– Xosé Cid Cabido (XCC): Por outra banda, a inxente produción do Reixa en campos tan diversos como a poesía, a música, o teatro, a videocreación, o cine, a produción audiovisual… non só fan aconsellable a combinación de dúas perspectivas, senón que sería unha faena cargarlle todo ese traballo a unha soa persoa. (…)
– FdV: Afirman no Limiar que a definición de “polifacético” é rexeitada até polo propio Reixa. Despois de escribir o libro, como definirían xornalisticamente (é dicir, con poucas palabras) a Antón? Valería algo así como “un renacentista dos séculos XX/XXI”?
– MX: Reixa, en certa medida, reflicte unha contradición moi propia do noso tempo: a do artista que pretende manter a súa condición de intelectual vangardista ao tempo que procura conectar co mercado e a cultura popular. Se cadra, habería que definilo como un ghicho do Calvario que quere ser un poeta de masas. (…)”
A Coruña: presentación de Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira
O
xoves 12 de xullo, ás 20:00 horas, no Circo de Artesáns (Rúa San Andrés, 36) da Coruña, preséntase o libro Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xabier P. DoCampo e Manuel Bragado.
Sabarís, Baiona: presentación de Iria, de Anxo Angueira
O
venres 6 de xullo, ás 20:00 horas, no Mercado Tia Ni en Sabarís-Baiona, preséntase a novela Iria, de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, organizado polo Club Marítimo Marisma da Ramallosa e a editora, participan Xosé Manuel Crego e o autor.
Vigo: actividades destacadas do xoves 5 de xullo na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do xoves 5 de xullo son:
– 19:30 h.: Pedro Feijoo asinará exemplares de Os fillos do mar, publicada en Xerais.
– 20:00 h.: presentación de Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira, publicado en Xerais. Intervirá, xunto ao autor, Manuel Bragado.
Vigo: actividades destacadas do mércores 4 de xullo na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do mércores 4 de xullo son:
– Desde as 11:00 horas, durante todo o día, Antonio Piñeiro asinará exemplares da súa novela As fiandeiras, publicada en Galaxia.
– 19:30 h.: Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.
– 20:00 h.: presentación de Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego, publicado en Xerais. Intervirán, xunto á autora, Marcos Calveiro e Manuel Bragado.
– 21:00 h.: presentación de Atl , de Manuel Lourenzo González, publicado en Xerais, coa intervención de Manuel Bragado e o autor.