Entrevista con Marcos Calveiro, gañador do Premio Repsol 2015

DesdeMarcos Calveiro Galaxia:
“(…) – Editorial Galaxia (EG): Un premio sempre é unha inxección de enerxía, non si?
– Marcos Calveiro (MC): Por suposto e máis para min que levo de seca cretiva dous anos, agardo que o Repsol me dea pulos para retomar a escrita.
– EG: Se tivese que resumir Fontán en cinco liñas, que nos diría?
– MC: A medida do Mundo, Galicia, a tenacidade, a honradez intelectual e idielóxica. Fontán é un galego esquecido polo gran público que precisamos reivindicar polo orgullo do noso país e da ciencia galega que sempre estivo en primeira liña. Un adiantado ao seu tempo.
– EG: Por que escolleu un personaxe como Domingo Fontán para a súa historia?
– MC: É unha figura que me obsesiona dende que na adolescencia lin a Pedrayo: Eu, coma Adrian Solovio quedei deslumbrado polo seu mapa e pola súa figura, levo moitos anos tras a súa sombra.
– EG: A novela histórica non é algo que non teña tratado con anterioridade. Tenlle querenza ao xénero…
– MC: Teñolle querenza ao meu país a sacar á luz aquela parte da nosa historia que foi agochada polo poder e polos vencedores. Reinvidicar o pasado do noso país para darnos azos para mirar cara adiante, cara ao futuro con orgullo e afouteza.”

Unha obra sobre Domingo Fontán de Marcos Calveiro gaña o Premio Repsol

DesdeMarcos-Calveiro-150x150 Sermos Galiza:
“O vilagarcián Marcos Calveiro vén de gañar a IX edición do Premio de Narrativa Breve Repsol en lingua galega grazas a unha novela biográfica de fondo histórico que ten como protagonista ao ilustrado galego Domingo Fontán.
Trátase dunha novela biográfica de fondo histórico que se basea na vida de Domingo Fontán (1788-1866), autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia, a Carta Xeométrica de Galicia. O xurado destacou da obra que “relata con sinxeleza e bo estilo uns feitos da historia científica galega pouco coñecidos”.
En Fontán xúntase a peripecia vital dun liberal galego que loitou polo espallamento das ideas da Ilustración no noso país co relato dun tempo convulso —a primeira metade do século XIX— no que a ciencia comeza a abrirse camiño fronte á sociedade do Antigo Réxime.
Novela histórica e, ao tempo, novela de formación, Calveiro consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato da personalidade extraordinaria dun científico que participou na loita polo progreso. O autor consegue transmitir a quen le a paixón polo coñecemento e pola liberdade que move o seu protagonista, quen compartía con outros científicos europeos as ideas máis adiantadas do seu tempo.
O xurado estivo formado por Santiago Lopo, gañador da edición anterior, Olivia Rodríguez González, en representación da Real Academia Galega, Mercedes Queixas, como representante da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Dolores Vilavedra, nomeada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, Isabel San Juan, en representación de Repsol como secretaria con voz e sen voto, e Carlos Lema, en representación de Editorial Galaxia. (…)”

Entrevista sobre O álbum de Garrincha con Beatriz Maceda

DesdeBeatriz Maceda Galaxia:
Beatriz Maceda falou onte con Xesús Gómez Miño sobre O álbum de Garrincha, para o programa de radio Sempre en Galicia que se emite desde Montevideo (Uruguai) na AM 770 Radio Oriental, escoitada tamén na Arxentina. O programa Sempre en Galicia, decano na diáspora en galego, levou nunha mañanciña xa primaveral en Montevideo á comunidade galega “un vento dende a beiramar do Orzán” a través das palabras da escritora. A entrevista foi, en palabras do seu conductor, “ese aire fresco que rezuma a terra, a lingua e as lendas das idas e voltas que son a nosa vida de migrantes”. Pódese escoitar o audio aquí:”

Tabela dos Libros de setembro de 2015, por Armando Requeixo

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Un curso máis, comeza a andaina da Tabela dos Libros. figuran seleccionados os volumes que Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”

2015_setembro_tabela