A Coruña: recital de Eduardo Estévez e Mercedes Roffé no Ciclo Poetas Di(n)versos

O Eduardo EstévezlunsMercedes Roffé 13 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Eduardo Estévez e a poeta arxentina Mercedes Roffé. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos xuño 2016.

Malpica estrea o Fondo Lugrís cos poetas eróticos do Premio Illas Sisargas

DesdeExposicion-O-Desexo-en-Malpica-2 Que pasa na Costa:
“Ata o 15 de xuño estará aberta no Centro Cívico de Malpica a exposición O desexo. Esta mostra conxunta de Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro estrea así o Fondo Lugrís, no novo espazo expositivo do segundo andar do Centro Cívico. Unha sala circular pensada para albergar unha mostra permanente das obras de arte adquiridas polo Concello de Malpica ao longo dos últimos anos e das que poidan incorporarse no futuro.
O desexo é un proxecto plástico e literario asinado por Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro, pero tamén por Ramón Neto, Verónica Martínez, Lino Braxe, Emma Pedreira, Eli Ríos, Eduardo Estévez, Mercedes Leobalde, Alberte Momán, Antonio G. Teijeiro, Miguel Mato, Paco de Tano, Xosé Iglesias e Paco Souto, é dicir, 13 dos 15 poetas que gañaron o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas ao longo dos seus dez anos de vida. E igual que o premio literario, a exposición O desexo é froito da colaboración entre a Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica.
Dadas as limitacións do espazo, na exposición inagurada este domingo non figuran as máis de corenta obras creadas por Maside, Riveiro e Pardiñas para O desexo, pero si todas as incluídas no catálogo editado, no que cada obra pictórica vai acompañada dun poema. Algúns dos autores deses versos ofreceron un pequeno recital no acto de inauguración, ao que tamén asistiron os pintores Riveiro e Pardiñas.”

Lugo: presentación de Entrar na casa, de Eduardo Estévez e fotografías de Ignacio Castro, “Nachok”

OEduardo Estévez xoves 5 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Gato Neghro (Rúa San Roque, 32), en Lugo, preséntase o libro Entrar na casa, de Eduardo Estévez (poemas) e Ignacio Castro, “Nachok” (fotografías), publicado por Estaleiro. No acto haberá un recital poético con imaxes e música en directo que correrá a cargo de Belén Bermejo e Andrés Díaz.

Compostela: D4a4, con Eduardo Estévez, Rosalía Fernández Rial, Miguel Mato e Paco Souto

OVide Vide abril 2016 venres 22 de abril, ás 20:30 horas, no Vide, Vide (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10, baixo), en Compostela, terá lugar o evento D4a4: 4 obras | 4 autor@s | 4 editoras, onde se presentarán Entrar na casa, de Eduardo Estévez, publicado en Estaleiro; Ningún amante sabe conducir, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas; Terra fría, de Miguel Mato, publicado por Caldeirón; e e Caín, de Paco Souto, publicado en Laiovento. A entrada é libre.

Compostela: inauguración da exposición Librosconversos, con recital poético de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos

12976928_10205127362098493_1097779045758038372_oNo recital poético participarán: Xulio L. Valcárcel, Alfredo Ferreiro, Gonzalo Navaza, Vítor VaqueiroXurxo Alonso, Carlos Fontes, Marga do Val, Ana RomaníRomán Raña, Olalla Cociña, Eduardo Estévez, Alba Cid, Celso Fernández Sanmartín, Carlos Negro, Luís Valle, Xerardo Quintiá, Eva Veiga, Salvador García-Bodaño e Mariña Pérez Rei.

Entrevista ao poeta Eduardo Estévez

EntrevistaEduardo Estévez a Eduardo Estévez na Radio do IES de Brión:
“O departamento de Dinamización Lingüistica en colaboración co departamento de Lingua Galega organizou unha entrevista con este informático de profesión e poeta de devoción nado na Arxentina que decidíu escribir, sentir e vivir en galego. Participaron dous alumnos de 1º de BACH, Lois Mera e Brais Cuns que fixeron un traballo en clase de Literatura Galega sobre o libro de Eduardo Entrar na casa. A entrevista pode escoitarse aquí.”