Arquivos da etiqueta: Francisco López Barxas
Compostela: presentación de Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro, de Francisco López-Barxas
Mondoñedo: II Encontro Álvaro Cunqueiro, os 1 e 2 de xullo
Vigo: presentación de Querido Paco Barxas. Cartas de Artur Cruzeiro Seixas (1999-2020)
Vigo: charla-coloquio Nós arredor de nós
Compostela: presentación de Ben-Cho-Shey inédito, de Paco López-Barxas
Ourense: presentación de Quince sonetos de amor e once poemas máis, de Víctor Campio
“O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu a presentación da publicación Quince sonetos de amor e once poemas máis, unha antoloxía sobre a obra de Víctor Campio que busca contribuír ao recoñecemento da traxectoria literaria do escritor e á difusión da súa poesía. O profesor, escritor e académico Xesús Alonso Montero é o antólogo da obra, que foi promovida pola Xunta de Galicia e pola Deputación Provincial de Ourense. O director xeral do libro, Francisco López, definiu a Víctor Campio como “un extraordinario poeta, que xa ten un lugar na lírica contemporánea exclusivamente coa forza da súa obra”. Tamén destacou a súa satisfacción como ourensán por participar na presentación de Quince sonetos de amor e once poemas máis, “unha compilación entendida como unha forma de regreso que lle devolve á súa pequena patria o que xurdiu dela”.” Vía Fervenzas Literarias.
Francisco López: “Cunqueiro é o meirande fabulador da literatura europea das últimas décadas e o herdeiro natural dos trobadores medievais”
“O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, participou hoxe na inauguración do encontro Cen anos de Cunqueiro, que organiza a Universidade Internacional Menéndez Pelayo na sede do Arquivo do Reino de Galicia do 13 ao 15 de xullo. O director xeral cualificou a Álvaro Cunqueiro como o “meirande fabulador da literatura europea das últimas décadas, o herdeiro natural dos trobadores medievais”.
Segundo Francisco López, o grande mérito de Cunqueiro non foi só recoller a nosa “enraizada tradición de oralidade”, senón “empregar o seu enorme talento para renovala e reforzala, ata convertela nunha obra literaria tan abundante como tremendamente orixinal”. O director xeral explicou que cando se le a Cunqueiro un pode lembrar as historias dos nosos devanceiros e admirar os modernos recursos narrativos que utilizaba o escritor mindoniense. “Nesa mestura radica o éxito da construción dun universo máxico que anticipou o camiño polo que despois discorrería boa parte da novela do último terzo do século XX”, asegurou.
Para o responsable da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, tal capacidade para fabular só a pode despregar “un auténtico soñador, un fabulador que cando escribía describía as illas nas que Ulises pasaba as súas mocidades, facíao inspirándose nas Cíes e en Sálvora; e cando pintaba un porto do Golfo Pérsico, pensaba en Foz ou Viveiro; e cando falaba da Bretaña do Sochantre dePontivy, en verdade estaba a falar de Galicia”. “Porque no fondo, era de Galicia do que sempre falaba Cunqueiro”, engadiu.” Vía Galicia Hoxe.
Carlos G. Reigosa: “Cunqueiro só escribiu a décima parte do que se lle ocorreu” (La Voz de Galicia).
Carlos G. Reigosa: “Cunqueiro sentía que escribira a décima parte do que se lle ocorrera” (La Opinión)
Francisco López-Barxas: “Non sería serio quitarlle cartos á Cidade da Cultura para darllos ao teatro”
(Xornal). En relación con Castelao: Galicia Hoxe.
Entrevista a Francisco López-Barxas: “A única literatura galega é a literatura escrita en galego”
É partidario de abrir as axudas á creación en castelán?
Creación en castelán?Literatura en castelán, por exemplo.
Eu son contrario a que non poidan convivir o teatro en galego e o teatro en castelán, a que o Centro Dramático Galego non poida representar a Valle-Inclán. Estes días estamos vendo en La 2 de Televisión Española as Comedias bárbaras, e que non as poidamos ver na Televisión de Galicia… Iso non o entendo. É evidente que Valle-Inclán non pertence á literatura galega, pero si á cultura galega. Galicia é ás veces máis coñecida internacionalmente por autores que escriben en castelán que pola obra de escritores que escriben, ou escribimos, en galego. O Ministerio de Cultura ten axudas para a creación literaria en castelán e nós témolas para o libro galego, sen maximalismos, pero a xente é libre de escribir no que queira. Non esquezamos que quen fixo máis polo libro catalán foron os autores de alí que escriben en castelán.Si, pero alí a ferida tampouco estiñou de todo. Non hai demasiado que se enlearon nunha polémica pola nómina de autores que debían representar a Cataluña en Frankfurt. O exemplo de Valle-Inclán é bo, pero tamén enganoso.
Dáme igual Valle-Inclán ou Camba ou Pardo Bazán ou Fernández Flórez. Falo de escritores universais que empregaron exclusivamente o castelán. Penso por exemplo en Morriña, de Pardo Bazán, ou El bosque animado, de Fernández Flórez, obras onde Galicia está moi presente a través da descrición de personaxes, de caracteres, ás veces moito mellor que a través da propia lingua. Pero insisto, non quero que haxa dúbidas: para min, a única literatura galega é a literatura escrita en galego.
Entrevista de Iago Martínez a Francisco López-Barxas, Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia. Ler texto completo en Xornal de Galicia.