O
mércores 4 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase o libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Alexandre Veiga Rodríguez e Manuel Bragado.
Arquivos da etiqueta: Manuel Bragado
Santiago: presentación de Aníbal Otero, de Xesús Alonso Montero
O
luns 2 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase o libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Antón Santamarina e Manuel Bragado.
Feira do Libro de Santiago: actividades do 30 de abril e 1 de maio
Comeza
unha nova edición da Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), entre o sábado 30 de abril e o domingo 8 de maio. O seu horario é de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que terá un horario de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades do primeiro fin de semana son as seguintes:
Sábado 30 de abril:
– 12:45 h. Actuación da Banda de Música de Santiago de Compostela.
– 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón inaugural a cargo de Diego Ameixeiras, gañador do Premio Irmandade do Libro ao mellor libro do ano 2010. No acto inaugural, colabora a Asociación do Traxe Galego.
– 18:00 h. Presentación do libro Golfiño e os invasores, de Fausto Isorna, publicado por El Patito Editorial. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
– 19:00 h. Presentación do libro Svea Kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo, publicado en Xerais. Intervirán: Francisco Caamaño, Ministro de Xustiza, Manuel Bragado e o autor.
– 20:00 h. O escritor Javier Alfayate, asinará exemplares do seu libro Aleta de Tiburón: Táctica de un operador en bolsa publicado pola Editorial Grupo de 28 Editores.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Domingo 1 de maio:
– 12:00 h. A pintora e ilustradora Isabel Pintado asinará exemplares dos libros para nenos Parece unha rosa, de Rosalía de Castro e Cantiga do mazarico, de Emilio Pita, publicados por Edicións Espiral Maior, na colección Lúa Lueira.
– 18:00 h. Obradoiro de baile para todo o público a cargo do grupo Pesdelán, participantes no libro–cd–dvd Na punta do pé publicado por Kalandraka Editora.
– 19:30 h. Presentación do libro A xanela escura, de Jorge Emilio Bóveda, da Colección Alcaián, de Urco Editora. Participarán no acto Denís Fernández Cabrera en representación da editorial e o autor da obra.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Camariñas: presentación de A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte
O
sábado 16 de abril, ás 12:00 h., no Centro Cultural Casa da Pedra (Avenida da Coruña, 5) de Camariñas, preséntase o libro A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, de Xosé María Lema Suárez (coord. e dir.), Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema, publicado en Xerais. No acto participan Manuel Bragado, Manuel Valeriano Alonso e os autores.
Vigo: presentación de Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro
O
mércores 13 de abril, ás 20:00 h., na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o libro Recendos de aire sonoro de Antonio García Teijeiro. Ao remate do acto, que contará coa participación de Fino Lorenzo, Román Raña, Paz Raña, Manuel Bragado e o autor, Miguel Castro tocará uns temas coa frauta.
O Grove: presentación de Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira
O
venres 1 de abril, ás 20:00 h., na Casa da Cultura Lueiro Rey (Monte da Vila) do Grove, preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Concellería de Cultura do Concello do Grove e a editorial, participan Francisco Iglesias, Antón Mascato, Manuel Bragado e o propio autor.
Vigo: presentación de As palabras que move o mar, de Xaime Toxo
O
xoves 31 de marzo, ás 20:00 horas, na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Rúa García Barbón, 1) preséntase o libro de relatos As palabras que move o mar, de Xaime Toxo. O acto contará coa participación de Rafael Ojea, Daniel Bernárdez e Manuel Bragado acompañando ao autor.
Pontevedra: presentación de As palabras que move o mar, de Xaime Toxo
O
xoves 24 de marzo, ás 20:00 h., no Auditorio do Café Moderno (Centro de Maiores Novacaixagalicia) de Pontevedra, preséntase o libro de relatos As palabras que move o mar, de Xaime Toxo. O acto contará coa participación de Ramón Rozas (xornalsta e crítico de arte), Antón Sobral (artista plástico), Marta Quinta (intérprete de harpa celta e cantante) e o director de Xerais, Manuel Bragado.
Santiago: presentación de Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira
O
martes 22 de marzo, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Lourenzo Fernández Prieto, Manuel Bragado e o autor.
Vigo: presentación de Fundación Libélula, de Yashmina Shawki
O
venres 11 de marzo a partir das 19:45 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase o libro Fundación Libélula, de Yashmina Shawki, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de María Xosé Queizán, Manuel Bragado e a propia autora.