Arquivos da etiqueta: Mercedes Peón
Pontevedra: actividades literarias destacadas do domingo 6 no Culturgal
Do 4 ao 6 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, e con horario de 11:00 a 20:00 horas o domingo 6, ten lugar o Culturgal 2015. O prezo das entradas é o seguinte:
– Xeral: 2 euros (1 día) | 3 euros (3 días).
– Menores de 12 anos: 1 euro (1 día) | 2 euros (3 días).
– Menores de 3 anos: gratis.
As actividades literarias destacadas do programa para o domingo 6 son:
– 12:00 h. Concerto de presentación do libro-disco Canta o Cuco. Uxía e Magín Blanco na casa de Manuel María. Con Guillerme Fernández (guitarra) e Santi Cribeiro (acordeón). Espectáculo de pago. Auditorio.
– 12:00 h. Cultura que une 2016. Fundación Vicente Risco. Espazo Foro.
– 12:00 h. Bailarete: autoedición do libro ilustrado. Espazo Libro.
– 12:30 h. Debate arredor do ensaio Marcas. Signo, comunicación e consumo na era da simulación, de Xavier Navaza, publicado por Xerais, co propio autor, Benigno Fernández Salgado e Manuel Bragado. Espazo Foro.
– 12:30 h. Presentación de 100 anos de traballo por Galicia, por Galaxia. Unha conversa moderada por Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, coa que se renderá unha homenaxe aos autores que xogaron unha peza clave na nosa historia e literatura. Con Henrique Monteagudo e Xavier Martínez Cobas. Preséntanse as fotobiografías de Ramón Piñeiro, Xaime Isla e Ramón Otero Pedrayo. Espazo Libro.
– 13:00 h. Presentación de O frío azul, de Ramón Caride, publicado por Urco Editora. Espazo Libro.
– 13:30 h. Presentación do libro e a web Pito Galego. Método práctico, de Moisés Quintas, publicado por Ouvirmos. Espazo Libro.
– 16:15 h. Faladoiro da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI): A tradución e interpretación nas industrias culturais. Espazo Foro.
– 16:15 h. Concerto-presentación de Un conto ao revés, de Chuches Amil, publicado por Galaxia. Espazo Carpa.
– 16:45 h. Presentación de Un cesto de mazás e Do gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra, do Concello de Pontevedra. Espazo Libro.
– 17:30 h. Presentación do libro de banda deseñada STRPTS, por Cinema Sticado. Espazo Libro.
– 17:30 h. Mamá Cabra presenta A bruxa Discordia, libro-disco publicado por Galaxia. Espazo Carpa.
– 18:00 h. Presentación de O Piloto, o último guerrilleiro, de Afonso Eiré, publicado por Hércules de Edicións. Espazo Libro.
– 18:00 h. Presentación de Balea, libro despregable de Germán González e Federico Fernández, nun espectáculo dirixido ao público máis pequeno. No Espazo Infantil.
– 18:15 h. Iniciativas do Ano Manuel María. Fundación Manuel María. Espazo Foro.
– 18:30 h. Caer de cu polo Universo. Contacontos e ilustración en vivo, con Estíbaliz Espinosa, publicado por Apiario. Espazo Infantil.
– 18:30 h. Mesa Compostela Literaria. Espazo Libro.
– 18:30 h.: Sinatura de María Reimóndez, Héctor Carré, Antonio Tizón, Diego Ameixeiras e Xoaquín Fernández Leiceaga. Stand de Xerais.
– 19:00 h. Debate sobre a novela negra organizado por Xerais. Participan: Héctor Carré, autor de Hai que matalos a todos; Antonio Tizón autor d’A antesala luminosa; Diego Ameixeiras, autor d’A noite enriba e Xoaquín Fernández Leiceaga, autor de Agosto de memoria e morte. Modera a xornalista Montse Dopico. Espazo Libro.
– 19:00 h. Sinatura de exemplares de Caer de cu polo Universo, por Estíbaliz Espinosa e Lucía Cobo, ilustradora do libro. No stand de Apiario.
– 19:30 h. Presentación de Traca-Traco. 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo, de de Paco Rivas e Alfonso Otero Regal, publicado por Edicións do Cumio. Espazo Infantil.
– 19:30 h. Lectura de A música dos seres vivos, de María Reimóndez, publicado por Xerais. Con Mercedes Peón. Espazo Foro.
A Coruña: presentación de A música dos seres vivos, de María Reimóndez
O venres 6 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro da Coruña (Rúa Enrique Dequidt, 12), preséntase A música dos seres vivos, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participa Fran Alonso, e terá lugar unha intervención musical a cargo de Mercedes Peón.
Lugo: presentación de A música dos seres vivos, de María Reimóndez
O venres 30 de outubro, ás 19:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase A música dos seres vivos, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, que contará coa presenza da autora, participan tamén Fran Alonso e Mercedes Peón.
Compostela: Begoñísima, homenaxe a Begoña Caamaño
A Sega homenaxea Mª Victoria Moreno para visibilizar as escritoras
Desde Sermos Galiza:
“O Parque dos Gafos de Pontevedra foi o escenario do acto de homenaxe da plataforma de crítica feminista A Sega á escritora María Victoria Moreno con motivo do II Día das Galegas nas Letras. O acto comezou cun paseo literario pola beira do río Gafos até Campolongo, unha metáfora dos paseos que acotío daba a escritora homenaxeada, e continuou cun xantar popular compartido. Fontes da organización salientan que o “Tendal de María Victoria” foi o que máis interese espertou, pois neste tendal expuxeron as obras da escritora e libros con dedicatorias.
Na xornada da tarde, en que se leu o manifesto da Sega, interviñeron, entre outras, Andrea Nunes, que leu un poema escrito para a ocasión para recoller os títulos das obras da homenaxeada, Carmen Penim, que musicou dúas pezas de María Vitoria e interpretou “A xustiza pola man”. Tamén participaron Laura Cuba e As Boubas. A actuación sorpresa chegou con Mercedes Peón, que asinou o final de festa.
No remate, a sección xuvenil da Sega sorteou entre as persoas participantes a boneca coa figura da escritora doada por Actante Dorado.
O obxectivo da homenaxe que tivo lugar o sábado 15 de agosto é, principalmente, reivindicar a obra das escritoras galegas. “Queremos visibilizar as autoras nas letras, xa que até o de agora a oficialidade homenaxeou 52 homes fronte tres mulleres, xa contando Rosalía”, sinala Susana Sánchez Arins, membro da organización. “Queremos reivindicar que as mulleres escritoras existen e, xa que a oficialidade non as festexa, homenaxeámolas nós”, conclúe.”
Vigo: actividades destacadas do venres 3 de xullo na Feira do Libro
O venres 3 de xullo comeza a Feira do Libro de Vigo (na Rúa Progreso, xunto ao MARCO), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 13:00 h. Inauguración. Pregón da escritora viguesa Ledicia Costas.
– 18:00 h. Puri Pérez Leiros e Elena de Frutos Martínez asinarán Bouzas. Olladas salgadas, por Edicións do Cumio, na caseta de Nobel Gran Vía.
– 20:00 h. Elena Gallego Abad presenta Dragal IV. A estirpe do Dragón, publicada por Xerais. Participará no acto Manuel Bragado.
– 21:00 h. María Reimóndez presenta A música dos seres vivos, publicada por Xerais. Participará no acto Manuel Bragado, coa intervención musical de Mercedes Peón.
Compostela: Implícate 2015, Noite de Música e Palabra Solidaria
A Coruña: actos da Semana Bravú, do 17 ao 22 de novembro
Caderno do I Día das Galegas nas Letras
Desde a plataforma de crítica literaria A Sega:
“O pasado 15 de agosto celebramos no Areal de Berres, na Estrada, o I Día das Galegas nas Letras para render homenaxe a Dorothé Shubarth, compiladora do Cancioneiro Popular Galego. Foi unha romaría na que nos xuntamos, falamos e cantamos para saudar a dignidade da literatura de tradición oral e o labor silenciado de todas as cantadoras que lograron manter vivo até hoxe o acervo musical que nos alimenta.
No marco desta celebración editamos un caderno con colaboracións de diferentes autoras: Andrea Nunes Brións, Mercedes Peón, Olga Kirk, Isabel Rei Sanmartim, Olga Nogueira, Susana Sánchez Arins, Chévere e Ugia Pedreira.
Compartímolo aquí para que poida ser lido e descargado.”