Entrevista
a Miguel Anxo Fernández en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Alfonso, o protagonista, é un vello director de cine exiliado que decide volver a Galicia para un programa de televisión nos anos 80. Vostede dirixiu «Galicia no cine» na TVG naquela altura e un dos realizadores homenaxeados foi Carlos Velo. ¿Alfonso é Velo?
– Miguel Anxo Fernández (MAF): Podería, mais no protagonista da novela hai tamén cousas de Blanco Amor e de José Suárez. E a Moraima do título é unha chiscadela á dona de Celso Emilio Ferreiro. Todos eles intelectuais ourensáns exiliados, aínda que me coidei moito de non caer na trampa de servir ensaio histórico, de embarrancar na cousa ideolóxica ou na verborrea panfletaria porque entendo que o lector precisa de espazos de liberdade para interpretar o que lle contan.
– LVG: O regreso do realizador, que tivo que fuxir de Galicia para salvar a vida, reabre vellas feridas. Un político e un directivo da televisión son os seus antagonistas.
– MAF: Melitón e Ulpiano son os malvados porque foron historicamente malvados, así de claro. Non é maniqueísmo, son os vencedores da ditadura e punto. Que cada quen saque as conclusións que goste; iso si, son produto da miña imaxinación, non queda outra.
– LVG: Vellas historias que volven, represión, sucesos nunca contados que mudan o sentido da vida… ¿Como definiría a novela?
– MAF: É unha mestura de thriller político e de memoria histórica, no ambiente na transición do que tanto se fala agora. Semella un tema pouco tocado na narrativa galega, ou cando menos no ton que pretendo. Hai un xornalista de televisión empeñado en recuperar a un vello director exiliado, Afonso, ignorando que provocará unha singular catástrofe co seu empeño. O poder establecido, as institucións, mesmo a clase política, convulsionarán co regreso do director. (…)”
Arquivos da etiqueta: Miguel Anxo Fernández
O Carballiño: presentación de Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández
Semana do Libro de Compostela (Selic), actos destacados do mércores 7
O
mércores 7 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 16:00 a 22:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:
– 19:30 h. Presentación de O monstro de Ille, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Galaxia. Participan David Cortizo e Francisco Castro.
– 19:30 h. Emma Pedreira asina exemplares Bibliópatas e fobólogos, publicado por Galaxia.
– 20:30 h. Presentación de Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández, editada por Galaxia. Acompañan ao autor Armando Requeixo e Francisco Castro.
Taboleiro do libro galego (maio 2017)
Desde Cicloxénese Expresiva:
“Aquí vos traemos a listaxe de libros máis vendidos de maio. Podedes consultar as entradas anteriores no Caderno da Crítica e na nosa propia páxina.
Para a elaboración deste taboleiro participaron as seguintes librarías: Miranda, Paz, Andel do libro, Couceiro, Lila de Lilith, Chan da Pólvora e Trama.
Narrativa
- Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández. Editorial Galaxia.
- Ilustrísima, de Carlos Casares. Editorial Galaxia.
- Once portas, de Héctor Cajaraville. Editorial Xerais.
- Vento ferido, de Carlos Casares. Galaxia.
- Verán sen homes, de Siri Hustvet. Editorial Hugin e Munin.
- A morte do meu pai, de Afonso Eiré. Hércules Ediciones S.A.
Poesía
- Na casa da avoa, de Marta Dacosta. Galaxia.
- Camuflaxe, de Lupe Gómez. Chan da Pólvora Edicións.
- A cadencia da fractura, de Isaac Xubín. Editorial Xerais.
- A Relixión do mar, de Xosé Iglesias. Instituto de Estudos Miñoráns.
Ensaio
- Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), de María Xesús Lama. Editorial Galaxia.
- Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón. Editorial Xerais.
- Non des a esquecemento, de Luís Bará. Instituto de Estudos Miñoráns.
Xuvenil
- Corredora, de María Reimóndez. Editorial Xerais.
- A soidade das medusas, de Iria Collazo. Editorial Galaxia.
- Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas. Xerais.
Infantil
- A Galiña Azul, de Carlos Casares. Editorial Galaxia.
- O principiño, de Antoine Saint-Exúpery. Editorial Galaxia.
- Un ronsel de ardora, de Carlos Roberto Álvarez Taboada e Enrique Mauricio Iglesias. Lela Edicións.
Libro CD-DVD
- Mel, unha mosca agradecida, de Miguel Ángel Alonso. Nova Galicia Edicións.
- Volta, revolta e reviravolta, de As Maimiñas. Editorial Galaxia.
Banda deseñada
- Bichero VI: TI SACHA!!!, de Luís Davila. Autoedición.
- Floreano. Alúganse borrachos para festas, de Gogue. Editorial Xerais.
- Historias Floreánicas, de Gogue. TodoGrove Edicións.
Revistas
- Luzes.
- Tempos Novos.”
Ourense: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 3 e domingo 4
O
domingo 4 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 3
– 12:00 h. José Julio Fernández Rodríguez asina exemplares de Clara e o rapto do solpor, na caseta da Libraría A Nova.
– 12:30 h. Miguel Anxo Fernández asina exemplares de Blues para Moraima, publicado por Galaxia.
Domingo 4
– 12:00 h. Estefanía Padullés asina exemplares de Max e Lea na caseta da Libraría A Nova.
– 19:30 h. O mundo de Carliños, espectáculo musical de Luís Vallecillo baseado en Carlos Casares.
O Grove: presentación de Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández
Compostela: Xornadas “A industria cultural galega no horizonte 2025”, os 20 e 21 de xuño
Cambados: presentación de Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández
Bueu: presentación de Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández
Entrevista a Miguel Anxo Fernández, premio Blanco Amor de novela longa
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O escritor e investigador cinematográfico Miguel Anxo Fernández visita o estudio do ‘ZigZag Diario’ para falar dun dos seus traballos máis recentes Blues para Moraima, premio Blanco Amor de novela longa na 35 edición dos galardóns. O libro traslada unha visión do exilio próxima á experimentada polo autor de A Esmorga, achegándolle ao lector a historia dun cineasta exiliado que traballa nunha serie sobre a memoria histórica, para tratar ademais temas como a Guerra Civil, o exilio ou a diáspora. Pode accederse á entrevista aquí.”








