Arquivos da etiqueta: Miguel Anxo Mato Fondo
“Paco Souto: nas marxes vivas”
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Especial Paco Souto: Nas marxes vivas. Falan: Cesáreo Sánchez, Marta Dacosta, Miguel Mato Fondo, María Lado, Rosalía Fernández Rial, Chus Nogueira, Xosé Iglesias, Viki Rivadulla, Evencio Ferrero e Xosé Regueira. Pode accederse á entrevista aquí.”
Muxía: presentación de e Caín, de Paco Souto; Terra fría, de Miguel Mato; A relixión do mar, de Xosé Iglesias; e Anatomía da ira, de Xaime Trillo
A Coruña: lectura homenaxe a Fran Cortegoso
Miguel Mato: “O relato son voces interiores que van xurdindo arredor de evocacións”
Entrevista a Miguel Mato en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Cal é o atractivo que fai tan especiais aos pequenos relatos?
– Miguel Mato (MM): Os relatos deberan ser caracterizados pola súa realidade e pola eliminación de elementos superfluos, por tanto, haxa ou non argumento visíbel debe responder a estas características, tendo en conta o estilo do autor: náis poético e cunha linguaxe máis concisa. Carlos Casares dicía que a linguaxe non se debería notar. Eu non estou dacordo, porque o relato pódese basear moitísimo na linguaxe. Virginia Woolf e Marcel Proust son bon exemplo.
– SG: Na súa obra destacan a poesía e o ensaio, escribe máis narrativa da que publica?
– MM: Eu non teño unha gran precisión de xénero. Escribo ensaio, mais pretendo que sexa creativo. Na base, penso que escribo poesía. Os relatos fágoos moi líricos, seguindo en certa medida as directrices de Virginia Woolf e de todo o que foi a novela lírica. Son textos nos que non ten moita importancia o argumento, senón que o relato son voces interiores que van xurdindo arredor de evocacións, do tempo ou, mesmo, da morte. (…)”
Diálogos Manuel María: Miguel Mato
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista a Miguel Mato nos Diálogos Manuel María. Pode escoitarse completa aquí.”
Betanzos: proxección de Peregrinaxes, con Lois Diéguez, e conferencia de Miguel Mato sobre a obra de Manuel María
Malpica estrea o Fondo Lugrís cos poetas eróticos do Premio Illas Sisargas
Desde Que pasa na Costa:
“Ata o 15 de xuño estará aberta no Centro Cívico de Malpica a exposición O desexo. Esta mostra conxunta de Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro estrea así o Fondo Lugrís, no novo espazo expositivo do segundo andar do Centro Cívico. Unha sala circular pensada para albergar unha mostra permanente das obras de arte adquiridas polo Concello de Malpica ao longo dos últimos anos e das que poidan incorporarse no futuro.
O desexo é un proxecto plástico e literario asinado por Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro, pero tamén por Ramón Neto, Verónica Martínez, Lino Braxe, Emma Pedreira, Eli Ríos, Eduardo Estévez, Mercedes Leobalde, Alberte Momán, Antonio G. Teijeiro, Miguel Mato, Paco de Tano, Xosé Iglesias e Paco Souto, é dicir, 13 dos 15 poetas que gañaron o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas ao longo dos seus dez anos de vida. E igual que o premio literario, a exposición O desexo é froito da colaboración entre a Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica.
Dadas as limitacións do espazo, na exposición inagurada este domingo non figuran as máis de corenta obras creadas por Maside, Riveiro e Pardiñas para O desexo, pero si todas as incluídas no catálogo editado, no que cada obra pictórica vai acompañada dun poema. Algúns dos autores deses versos ofreceron un pequeno recital no acto de inauguración, ao que tamén asistiron os pintores Riveiro e Pardiñas.”
O Couto (Ponteceso): actos destacados no Festiletras o xoves 19
O Festiletras 2016, que terá lugar na aldea do Couto (Concello de Ponteceso), terá os seguintes actos destacados no xoves 19 de maio:
– 12:00 h., na Fundación Eduardo Pondal. Homenaxe a Manuel María. Con Miguel Mato. Recital poético da mocidade, co alumnado do IES de Ponteceso.
– 17:00 h., na Casa dos Veciños. Os vellos non deben de namorarse, de Fantoches Baj.