Arquivos da etiqueta: Patricia Torrado Queiruga
Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria Manual de latexo e enxerto, con Patricia Torrado Queiruga, en Ribeira
O Obradoiro de creación literaria Manual de latexo e enxerto, impartido por Patricia Torrado Queiruga, cunha sesión especial con Andrea Fernández Maneiro, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, actividade subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Ribeira.
Cando unha se dedica á escrita, coma á xardinaría, non serve só con saber a teoría ou posuír os útiles adecuados para arremangarse e poñerse ao choio. Primeiro de nada deberemos saber en que medio nos atopamos máis cómodas para logo ir artellando cada un dos latexos e enxertar novas variantes.
Neste obradoiro atoparemos latexos diversos, sementaremos microrrelato, poesía e relato e logo iremos vendo que é o que agroma en cadaquén.
Terá lugar no Centro Social Oleiros, de Ribeira (Lugar Eirexa, 5, Oleiros, Ribeira).
Hai 20 prazas para persoas maiores de 16 anos. A inscrición, gratuíta, pode realizarse, indicando nome e apelidos, no correo electrónico oficina@aelg.org.
Calendario e horarios
– Sábados 30 de setembro; 7, 14, 21 e 28 de outubro; e 4, 11 e 18 de novembro de 2023, de 10:30 a 13:00 h.
Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Boiro: presentación de Voto de silencio, de Andrea Fernández Maneiro
Patricia Torrado: “O galego segue estando moi deostado a nivel institucional; hai moita marxe de mellora”
Vilagarcía: conversa arredor de Bolboretario do confinamento, de Patricia Torrado Queiruga
Vilagarcía: conversas arredor de Voto e silencio, de Andrea Fernández Maneiro
Vilalba: presentación de Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria
O sábado 4 de marzo, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, preséntase o libro Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria, editada por Alvarellos Editora, coa axuda económica do Concello de Vilalba, onde oito autoras actuais renden homenaxe ás mulleres silenciadas das Irmandades da Fala (1916-1936). As autoras participantes son: Eilún Del Pazo Moa, Beatriz Dourado, Cecilia Fernández Santomé, Míriam Ferradáns, Rochi Nóvoa Vázquez, Patricia Torrado Queiruga, Lupe Bao Reixa e Tamara Andrés. As Irmás reinvidicadas son: Amalia Álvarez, Olimpia Valencia, María Luz Morales, María Miramontes, Elvira Bao, Jacinta Landa, Amparo López Jean e Teruca Bouza. Esta obra nace a partir do «Proxecto Irmás», impulsado por Culturalia GZ e coordinado por Beatriz Dourado. A capa é obra de Adolfina Mesa.
San Martiño de Pino (Cospeito): conversa e contacontos con Patricia Torrado Queiruga
A Coruña: Gosto de vivir a poesía, con Patricia Torrado Queiruga
Bolboretario do confinamento, poemario ilustrado de Patricia Torrado
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Unha nai e un fillo pintando xuntos durante o confinamento. Acuarelas das que emerxen bolboretas que sobrevoan obxectos da vida cotiá. Son debuxos que comezaron a espallarse con éxito polas redes sociais e que agora se recompilan nun libro, abrazando poemas. Así é o Bolboretario do confinamento, da escritora e ilustradora sonense Patricia Torrado Queiruga. A entrevista pode verse aquí.”