Entrevista de Pilar García Rego a Antón Dobao no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”O Universo é un envurullo de papel que deus esmagou dentro da man. Hai quen di que apenas unha pantalla de ordenador”. Isto é un anaquiño dun dos contos de O tigre na boca do lagarto, o último libro de Antón Dobao. É un monllo de relatos, de contos narrados desde o interior da boca do lagarto. Entre a complexidade do material e a simpleza dos signos dun código binario, entre o carnal e o metaverso, entre a ciencia ficción e o real. A entrevista pode verse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Pilar García Rego
Lugo: Versos na barraca 2024
Teresa Seara: “Manuel Álvarez Torneiro buscaba sempre a palabra precisa na poesía”
Entrevista de Pilar García Rego a Teresa Seara na Televisión de Galicia:
“En A vixilia do bosque, territorio de soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible. Neste novo poemario, que se acompaña ademais cun exposición con colaxes do propio Manuel Álvarez Torneiro, a editora Teresa Seara introdúcenos nos seus versos que sempre eran vida, “na torre do desvelo o poeta asexaba”. A entrevista pode verse aquí.“
Entrevista a Samuel L. París sobre O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo
Compostela: actividades do 3 de maio na Feira do Libro 2024
Compostela: presentación de Así fala Penélope
Trevinca, A Veiga: “Novembro estelar. Astros e artes”
Compostela: presentación de A culpa, de María Solar
Vilagarcía: conversas arredor de venecia abandonada, de Eduardo Estévez
Gañadoras/es da sétima edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego
As gañadoras dos premios Follas Novas 2022 déronse a coñecer na gala celebrada o 7 de maio no Teatro Principal de Compostela, unha celebración que, despois de dous anos, recuperou o seu carácter presencial, mais continuou sendo emitida dixitalmente desde Youtube. Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e Xunta de Galicia.
Os corenta e cinco finalistas desta edición dos premios Follas Novas foron o resultado dun proceso que se ampliou neste ano a catro fases, e que supón unha valoración completa de toda a produción editorial galega. O proceso consistiu nunha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras, que supuxo a selección de máis dun centenar de títulos entre os públicados ao longo de 2021. Dese conxunto de obras, o xurado desta edición fixo unha primeira escolma da que resultaron un total de noventa obras candidatas aos premios. Na terceira fase de selección, o xurado seleccionou tres obras finalistas por cada categoría. O proceso tivo o seu cumio na Gala, co anuncio das obras, iniciativas e profesionais gañadoras. a súa emisión dixital, como se fixo nas edicións anteriores.
A gala dos premios foi presentada por AldaoLado coa súa mestura de poesía, humor e música. Tamén formou parte da festa literaria o trío pontevedrés Peña, gañadores da última edición do premio Narf que organiza a Deputación da Coruña.
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, falando no nome das tres asociacións organizadoras, realizou o discurso institucional aludindo á situación actual do mundo e á necesidade de lembrar que o “sistema literario galego ten unha fráxil saúde” e precisa que se poña en marcha de vez o plan lector e que as administracións “teñan empatía co sector e as súas necesidades”, unha petición que tamén lle fixo a cada persoa lectora do país.
O xurado deste ano estivo formado por Inma López Silva, Miriam Ferradáns, Pilar Sampedro, Esther Gómez, Ramón Nicolás, Charo Portela e Susana Sanches Arins.
Premios honoríficos
Cada unha das tres asociacións organizadoras dos premios entregou na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais. Os premios desta edición foron para Xesús Alonso Montero, Mercedes Corbillón e Ana Luísa Amaral.
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), é o Premio Honorífico da Edición da Asociación Galega de Editoras como filólogo, crítico literario, escritor, poeta, sociolingüísta e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela. A AGE considera que Xesús Alonso Montero é unha figura fundamental na resistencia do libro galego durante a “longa noite de pedra” do franquismo e un incansable impulsor do seu novo rexurdimento trala chegada das liberdades.
Mercedes Corbillón, responsable da Librería Cronopios, é a distinguida co premio que anualmente escolle a Federación de Librarías de Galicia. Segundo Ramón Domínguez, a escolla de Mercedes Corbillón como premiada debeuse a que “representa todo o que debe ser unha librería na actualidade tanto por actividades como pola interrelacións que consegue entre quen escribe e quen le”.
A AELG designa todos os anos un/ha escritor/a galego/a universal. Este ano, a designación correspondeu a Ana Luísa Amaral (Lisboa, 1956), poeta e profesora na Universidade do Porto, con áreas de estudo son as poéticas comparadas, feminismo e estudos queer. Segundo a poeta Marta Dacosta, “Amaral é a poeta que contraría a tradición, a que reinterpreta e volve falar dos mitos, das personaxes, das figuras prototípicas. Contraría e ironiza”.
Listaxe de gañadoras
Ensaio e Investigación
– Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista, de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora).
Divulgación
– H2… Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa (Editorial Galaxia)
Narrativa
– O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia)
Infantil
– Neko, de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)
Xuvenil
– santoamaro, de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)
Libro ilustrado
– A Coruña, por David Pintor (Kalandraka Editora)
Banda Deseñada
– Aldara. A lenda do cervo branco, de Inés Vázquez (Demo Editorial)
Iniciativa Bibliográfica
– Colección Chave Mestra, VV. AA. (aCentral Folque)
Obra traducida
– Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. Tradución de María Alonso Seisdedos (Kalandraka Editora)
Poesía
– O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
Teatro
– As desterradas, de Carme Varela (Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia)
Libro mellor editado
– O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
Premios a traxectorias
Iniciativa fomento da lectura
– Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
Proxecto literario en rede
– O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.
Xornalismo Cultural
– Belén Regueira







