Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Arquivos da etiqueta: Ramón Otero Pedrayo
Vigo: presentación de Xeórxicas do pan, de Ramón Otero Pedrayo
O venres
15 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, preséntase o libro Xeórxicas do pan, de Ramón Otero Pedrayo, publicado en Galaxia. No acto intervirán Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol, Manuel Forcadela, Silvia Penas, Víctor F. Freixanes, Ernesto Pedrosa e Alfonso Zulueta de Haz.
Santiago: Ramón Otero Pedrayo, no ciclo Galicia, ceo das letras
O
sábado 20 de outubro, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras, que se desenvolven na Biblioteca da Cidade da Cultura, o protagonista será Ramón Otero Pedrayo. O programa é o seguinte:
– 12:00 h. Relatorio, por Ramón Villares.
– 13:00 h. Fidalgo (40 minutos). Peza teatral representada pola compañía Casahamlet baseada en diferentes textos de Otero Pedrayo. Interpretada por Manuel Lourenzo e Rubén Espejo, co apoio musical de Brandán Lourenzo.
Presenta: Víctor F. Freixanes, escritor e presidente da Fundación Otero Pedrayo.
Para acceder á actividade é preciso reservar previamente aquí.
Obradoiros literarios dirixido ás mulleres sobre Ramón Otero Pedrayo
“A Fundación Otero Pedrayo organiza durante os meses de outubro e novembro, catro Obradoiros Literarios dirixido a mulleres que gravitarán arredor da figura de don Ramón. Dirixidos a quen gusta de escribir e centrados no libro de Otero Pedrayo, Historia dun neno, as asistentes, en xornadas de venres e sábado, asistirán a, por unha banda, un Obradoiro de Escrita Creativa con Francisco Castro e a unha sesión de Contacontos e Oralidade con Eugenia Muñoz. Os Obradoiros desenvolveranse nas localidades ourensás de Trasalba, Amoeiro, Coles e Vilamarín. Máis información inscricións no enderezo electrónico fundacion.otero.pedrayo@gmail ou no teléfono 988.281.139″. Desde Fervenzas Literarias.
Aparece parte dunha novela e un poema inéditos de Otero Pedrayo
“Estes
días, a Fundación Penzol, esa fonte inesgotable e esencial de documentación, sen dúbida, a máis importante de Galicia, informaba do descubrimento de parte dunha novela e un poema inéditos de Ramón Otero Pedrayo. O achádego é dunha importancia fundamental e verá a luz na Editorial Galaxia en breve. O descubrimento é froito do traballo colaborativo entre a Universidade de Vigo e a Fundación Penzol que dirixe Alfonso Zulueta de Haz. Xeórxicas do pan, que así se chama o poemario, consta de 1400 versos (…)” Vía Galaxia.
Otero Pedrayo, Galicia e Europa
Desde Cultura Galega:
“A última entrega, ata o momento, da colección As Nosas Voces que editou o Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, o número 21, permite escoitar unha conferencia pronunciada por Don Ramón Otero Pedrayo na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires, o 26 de xullo de 1959. Nesta conferencia, o intelectual ourensán reflexiona sobre as relacións entre Galicia e a cultura europea, e é unha boa mostra do pensamento de amplas miras de Pedrayo.”
Ramón Otero Pedrayo: unha homenaxe a Noriega Varela
Desde Cultura Galega:
“O 19 de outubro de 1967 Ramón Otero Pedrayo impartiu a conferencia Homenaxe a Noriega Varela durante as festas do San Lucas de Mondoñedo. Aquí pódela escoitar enteira, tal e como foi gravada, coa vibrante oratoria de Ramón Otero Pedrayo definindo a vida e obra do poeta lugués. A gravación foi recuperada por Manuel Rico nos arquivos de Radio Nacional na Coruña.”
Unha coroa de loureiro para Ramón Cabanillas
Desde Cultura Galega:
“Foi a última homenaxe en vida ao poeta Ramón Cabanillas. No ano 1958, no Paseo do Espolón de Padrón, os intelectuais Paulino Pedret, Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Otero Pedrayo glosaron a obra do poeta cambadés. O acto rematou coa entrega da coroa de loureiro a Cabanillas, xa moi maior. O Arquivo Sonoro de Galicia publicou no ano 1999 este documento sonoro, que fai o número 17 da colección As nosas voces que estamos a dixitalizar.”
Ramón Otero Pedrayo repasa a vida e obra de Ramón Cabanillas
Desde Cultura Galega:
“O Arquivo Sonoro de Galicia editou en 1996 o noveno volume da colección As Nosas Voces. Trátase dunha maxistral conferencia de Ramón Otero Pedrayo sobre a vida e a obra do poeta Ramón Cabanillas pronunciada no Centro Galego de Madrid en 1964. A conferencia permite apreciar a impresionante oratoria de Otero Pedrayo. O intelectual foi presentado por Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Sey), aínda que a súa voz non foi gravada.”
Suárez Picallo e Otero Pedrayo: “Fálalles de nós”
Desde Cultura Galega:
“É un dos discursos máis emocionantes do exilio galego. A comisión organizadora da viaxe de Ramón Otero Pedrayo a América despide o 15 de agosto de 1959 ao escritor nun acto da colectividade galega. O xornalista Suárez Picallo pronunciará un emocionante discurso de despedida ao intelectual ourensán. Este é o cuarto volume da serie As Nosas Voces, editado en 1994 polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, titulado Ramón Suárez Picallo e Ramón Otero Pedrayo en América. II:

