“Este
sábado, día 10 de setembro, terá lugar a posta en marcha do primeiro Roteiro Literario baseado na obra do escritor ourensán Ramón Otero Pedrayo e circunscrito á parroquia de Trasalba. Dito roteiro, obra de Patricia Arias Chachero co título Trasalba, terra literaria. Unha viaxe a través da obra de Ramón Otero Pedrayo, foi publicado pola Fundación Otero Pedrayo e presentado na derradeira festa do premio Trasalba 2011. Neste primeiro percorrido, participarán fundamentalmente as veciñas e veciños da parroquia trasalbesa, moitos deles ou os seus parentes, mencionados nas obras de don Ramón. As guías deste roteiro serán a propia autora, Patricia Arias Chachero, e Susana González Rodríguez, encargada de mostrar a Casa Museo Otero Pedrayo. A saída terá lugar ás 9:00 h da Casa Museo de Trasalba. A Fundación proxecta realizar estas visitas con carácter periódico cunha convocatoria pública e dun xeito privado ofertándoas aos centros de Ensino Medio.” Vía Galaxia. Crónica posterior deste roteiro tamén na propia web de Galaxia.
Arquivos da etiqueta: Ramón Otero Pedrayo
Redondela: presentación de O señorito da Reboraina, de Ramón Otero Pedrayo
O
luns 11 de abril, ás 12:30 h., no salón de actos do CEIP Santo Paio de Abaixo de Redondela, e organizado pola comunidade educativa do centro, preséntase a edición especial do libro de Ramón Otero Pedrayo O señorito da Reboraina, publicado en Galaxia, e que será realizada por Víctor F. Freixanes.
Roteiro Otero Pedrayo no rural ourensán
O Consello da Cultura Galega presenta o Roteiro “Otero Pedrayo no rural ourensán“.
Presentación en Ourense de “Teoría de Galicia…”, de Ramón Otero Pedrayo
Alvarellos Editora o Liceo de Ourense organizan un recital e a presentación da obra Teoría de Galicia. Artigos esquecidos en “Vida Gallega”, 1926-1963, de Ramón Otero Pedrayo. Será o martes 5 de xuño de 2007, ás 17: 30 horas no Salón Noble do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal, 5). Participarán o profesor historiador e autor do limiar Marcos Valcárcel, as recitadoras do Liceo Tereixa Devesa e Loli Conde, e o editor Henrique Alvarellos.