Arquivos da etiqueta: Secretaría Xeral da Lingua
Laura Cid Rascado gaña o III Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi
Desde Cultura Galega:
“Laura Cid Rascado (Vigo, 1999), graduada da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 2022, resultou a gañadora da IIIª edición do Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi, convocado polo Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e a editorial Galaxia. De entre a vintena de traballos presentados, a obra titulada Maruchi e o gancho convenceu por maioría ao xurado, formado por Tamara Andrés, poeta, Armando Requeixo, crítico literario, Óscar Villán, ilustrador, Carlos Loureiro, exercendo de secretario, e Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia.
Segundo se comunicou onte coa lectura do ditame na casa de Xuntas do Concello da Estrada, o xurado quixo destacar neste álbum ilustrado que “é unha historia que se entretece perfectamente a través de texto e imaxe, tecida con ritmo, claridade e ollada poética. Presenta un nó que a protagonista ten que desenredar o cal se vai enfiando de xeito equilibrado, tenro, humorístico, perspicaz. Trátase, ademais, dun álbum ilustrado perfectamente apto para todos os públicos”. A gañadora recibirá un premio en metálico de 4.000 euros.”
Compostela: presentación de A miña terra é un vello falar, de Manuel Pombo Arias
Compostela: presentación de Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004), de Luísa Villalta
Bases do II Premio de Literatura infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer 2023
Compostela: presentación da tradución de Crónica dunha morte anunciada, de Gabriel García Márquez
Bases do XXXV Premio de Novela Manuel García Barros
Bases do IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade
Por que non nos volvemos bicar?, de Aldaolado
Xosé Antón Cascudo Rodríguez gaña o Premio Ramón Piñeiro 2022
Desde Galaxia:
“A obra A mística da feminidade en Mad Men, de Xosé Antón Cascudo, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022, que organizan conxuntamente o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Secretaría Xeral de Política Lingüísitca da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse na mañá do 26 de decembro, nas instalacións do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, en Santiago de Compostela.
O ensaio premiado nesta XXII edición do Premio Ramón Piñeiro, está dotado con 3.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia durante o próximo ano.
Compuxeron o xurado Rocío Carolo, Marcos Calveiro, María López Sández, Marta Neira e Armando Requeixo, que actuou como secretario con voz e con voto.
O xurado valorou en A mísitca da feminidade en Mad Men a súa aposta polo ensaio dende a análise semiótica do audiovisual máis icónico, no que se estuda a cuestión de xénero integrando na revisión o mellor das análises e do pensamento sobre o tema.
Escrito cun estilo ensaístico moi ben perfilado, posuidor dunha estrutura acaidamente arborada, A mística da feminidade en Mad Men achega, e anosa, unha proposta ensaística que conecta co máis destacado dos estudos internacionais neste ámbito, reflexionando sobre a construción do socioidentitario a través dunha das series máis recoñecidas e influíntes do noso tempo.
Así mesmo, o xurado salientou a variedade e o interese do conxunto de traballos presentados a concurso, o que amosa a vitalidade do xénero ensaístico en Galicia e espella a solidez da traxectoria deste certame, polo que levan apostando dende hai máis de dúas décadas a Editorial Galaxia e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Secreatría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. (…)”











