Arquivos da etiqueta: v
Arteixo: macro-recital poético na Libraría Á lus do candil
O venres 27 de decembro, ás 20:30 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3, baixo) de Arteixo, terá lugar un macro-recital poético aberto a quen desexe participar, baixo o título A poesía é o grande milagre do mundo. Participan: Iolanda Aldrei, Marica Campo, Maria Dovigo, José Estévez, María José Fernández López, Alfredo Ferreiro, Adela Figueroa, Modesto Fraga, Xosé Iglesias, Verónica Martínez Delgado, Alberte Momán, Ramiro Torres, Luís Valle e Ramiro Vidal Alvarinho.
A Coruña: presentación de Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado
A quinta feira 19 de decembro, ás 20:00 horas, no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado, publicado pola editorial Amargord. No acto participan, xunto á autora, o director da editora e Alberte Momán.
Manuscritos: Verónica Martínez Delgado
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica.
Vídeo da presentación da Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado
Madrid: presentación de Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado
A sexta feira 29 de novembro, ás 18:00 horas, na Biblioteca Histórica da Universidade Complutense de Madrid (C/ Noviciado, 3), preséntase Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado, publicado pola editorial Amargord. No acto, coorganizado pola editora e o Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense, participa, xunto ao autor, Xavier Frías Conde.
Fallado o VIII Certame de poesía erótica Illas Sisargas
Desde Que pasa na Costa
e Portal Galego da Língua:
“Este pasado sábado, a Casa da Vasca de Barizo acollía a Cea das Letras, organizada pola A. C. Caldeirón coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños, e que serviu para facer público o fallo do VIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.
Antes, o acto tivo dous puntos de interese. José Estévez acudiu como autor invitado e puido presentar o seu libro Flirteando no Feisbu. Ademais, e como cada ano, o acto serviu para presentar a obra gañadora do VII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. A obra escollida o ano pasado, e premiada coa súa edición, é Chamádeme Eva, da escritora Mercedes Leobalde García.
Despois da súa intervención o xurado, composto pola propia Mercedes Leobalde García, o animador sociocultural do concello Antón Lois Noceda Carballo, e o Presidente da A. C. Caldeirón, Francisco Quiroga López, deron conta do fallo.
Logo de ver as 15 obras presentadas e despois de deliberar sobre as características de cada unha delas, seleccionaron a que leva por título Dominio Público que resultou ser do escritor Ramón Neto.
A obra, que alterna poemas en verso con prosas poéticas, presenta ademais un léxico rico e variado que se atreve ata coa astronomía e os corpos celestes, un calidoscopio de puntos de vista no eu lírico e frecuentes xogos cómplices co lector nos que se funden e confunden literatura e “realidade”. Todo o dito fai de Dominio público un poemario dunha gran modernidade, variado, fresco e enxeñoso sen renunciar con todo a certas referencias culturais, cinéfilas e pictóricas- e dunha notable calidade literaria.
Tamén o xurado propuxo igualmente unha mención para o poemario presentado co título Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, da escritora Verónica Martínez Delgado.”
Lugo: presentación de Un feixe de poesía na porta e recital de poesía e música
O sábado 26 de outubro, ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8), nun acto coorganizado coa Área de Cultura da Deputación, preséntase o poemario colectivo, Un feixe de poesía na porta, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto participan Verónica Martínez Delgado, María José Fernández, Xosé Iglesias, Alberte Momán, Adela Figueroa, Miguel Ángel Alonso Diz, Toño Núñez, Ramón González, Montse González Álvarez, Mar Romero, Lois Pérez, Ramiro Vidal Alvarinho, Inma Alonso, José Estévez, Antom Laia, Eva Xanin Navia, Natalia Alonso Ramos, Naír García Abelleira, Rochi Nóvoa e outros poetas.