Pontevedra: presentación de A rotura das paisaxes, de Xesús Constela

OXesús Constela xoves 28 de abril, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (Rúa do Padre Amoedo Carballo, 3), preséntase A rotura das paisaxes, de Xesús Constela, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial, o Ateneo de Pontevedra e a Deputación, participan, xunto ao autor, Ramón Rozas e Manuel Bragado.

Caride en Pontevedra, por Manuel Bragado

DesdeXesus_Constela_Ramon_Caride_Manuel_Bargado_Pontevedra_07-06-2016-e1460104570674-1024x599 Brétemas, o blogue de Manuel Bragado:
“Presentamos na Feira do Libro de Pontevedra Liquidación de existencias de Ramón Caride. O presentador do libro, o escritor Xesús Constela, comezou referíndose ao centro comercial e o polígono outlet como metáforas da sociedade actual, onde todo está rebaixado, onde todo está descatalogado ou de saldo. “Ao polígono outlet van parar todas as excrecencias da sociedade, os seres humanos convértense alí en mercadorías, xente que está de rebaixas como prostitutas, mulleres  maltratadas, desempregadas, estafadas ou desafiuzadas”. “Ese é o espazo onde Caride localiza os seus relatos, todos eles cheos de realidade, en boa parte tirados das noticias dos xornais”. Seguiu Constela referíndose a “Dous de copas”, a micronovela fragmentada ao longo da obra, “onde Caride manexa a intriga, a retranca e a linguaxe dunha maneira perfecta, creando unha atmosfera envolvente para dous rapaces que pretenden dar un golpe que lles solucione a vida”.
Ramón Caride confesou que boa parte dos relatos naceran de noticias do xornal. “O arranque de “Dous de copas” foi un titular que lin na Voz de Galicia referido a dous mozos simpáticos e de boa familia que sufriran un accidente de tráfico”. “Todos os relatos do libros comparten unha atmosfera apocalíptica, onde todo está en venda, tanto mercadorías como persoas”. “Liquidación de existencias é unha tentativa de escribir despois da cicloxénese low cost da crise que nos afectou en todos os ámbitos das nosas vidas, nos culturais e nos outros. Mudaron os séculos, pero seguimos cos mesmos distribuidores. Sei que todo non cabe nos contos, pero as novelas acaban como acaban. Liquidación de existencias supón un berro neste deserto emocional”.

Pontevedra: actos destacados do venres 8 na Feira do Libro

O Feira do Libro de Pontevedra 2016venres 8 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:

19:00 h. Xesús Constela asinará exemplares das súas obras na caseta da Libraría Paz.
20:00 h. Arantza Portabales presentará a súa novela Sobrevivindo, publicada en Galaxia. No acto estará acompañada por Xosé Monteagudo.

Pontevedra: actos destacados do xoves 7 na Feira do Libro

O Feira do Libro de Pontevedra 2016xoves 7 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:

18:00 h. Presentación dos libros infantís O Mago de Oz e Drácula, traducidos por Tamara Aymerich, publicados por Baía Edicións.
19:00 h. Presentación do libro A horta sen químicos, de Xan Pouliquen, publicado por Baía Edicións.
19:00 h. Tamara Andrés asinará exemplares da súa obra na caseta da Libraría Paz.
20:00 h. Presentación de Liquidación de existencias, de Ramón Caride, publicado en Xerais. Acompañarán ao autor Xesús Constela e Manuel Bragado.