(Xornal)
Arquivos da etiqueta: Xosé Luís Axeitos
Santiago: actividades de xaneiro de Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, na Cidade da Cultura
Os
sábados 15 e 29 de xaneiro, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Cidade da Cultura, terán lugar estas actividades:
– 15 de xaneiro. Rosalía, a voz dun pobo:
12:00 | Relatorio: María do Cebreiro Rábade Villar. Poeta, profesora e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente desenvolve un estudio no que aborda diferentes aspectos da obra de Rosalía de Castro.
13:00 | Ao raso coas lebres (60’), da compañía CasaHamlet. Textos de Rosalía de Castro dramatizados e musicados a cargo desta compañía dirixida por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández.
Presenta: Helena Villar Janeiro, presidenta da Fundación Rosalía de Castro.
– 29 de xaneiro. Manuel Antonio: “venador” de horizontes:
12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos. Catedrático de Lingua e Literatura Castelá e Secretario da Real Academia Galega. Experto na obra de Manuel Antonio, ten publicado varios libros sobre a poética do visionario rianxeiro.
13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). A poeta performática María Lado acompañada polo xenial pianista Nacho Muñoz interpretan textos de Manuel Antonio que mostran a súa concepción radical da creación artística.
A Coruña: presentación de Celebración de Uxío Novoneyra, II (1930-1999)
A Coruña: Homenaxe da Real Academia Galega a Luís Seoane no seu centenario
O sábado
18 de decembro, no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña, a partir das 12:30 h., e con acceso libre, levarase a cabo unha homenaxe pública da Real Academia Galega a Luís Seoane no seu centenario e a todos os galegos ilustres soterrados neste cemiterio. Toda a información neste arquivo .pdf: Homenaxe da RAG a Seoane e galegos ilustres en San Amaro. O acto está organizado en colaboración coa Concellaría de Cultura e a Fundación Caixa Galicia.
Pola tarde, ás 19:30 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da mesma cidade, desenvolverase unha mesa redonda sobre “Cen anos de Luís Seoane”, coa participación de José Luis Méndez López, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luís Axeitos.
Nova recollida en Galicia Hoxe, Xornal, El País e La Voz de Galicia.
Carballo: presentación de Galiza, obra inédita de Manuel María, e do proxecto da súa Casa Museo
A Coruña: presentación de Galiza, obra inédita de Manuel María, e do proxecto da súa Casa Museo
Santiago: exposición Ex libris Gallaeciae. Dos libros de Galicia
A
exposición Ex libris Gallaeciae. Dos libros de Galicia está xa aberta, até o 25 de febreiro, no Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia, reúne 83 libros, códices ou manuscritos considerados clave na construción da cultura galega. Trátase dunha escolma de “xoias bibliográficas” que en conxunto trazan un relato de como se construíu a cultura galega e que van desde os primeiros textos romanos que comezan a definir un territorio co nome de Callaecia ata o primeiro libro electrónico en galego. A mostra está composta por unha selecta escolma de pezas que, por diferentes motivos, definen momentos clave na historia de Galicia. Prestadas por bibliotecas, arquivos e coleccións privadas de Galicia e do resto de España, é a primeira vez que se conseguen reunir nunha mesma exposición, incluíndo mesmo algunha obra que ata o de agora nunca se amosou ao público. Comisariada polo historiador Xosé Ramón Barreiro, ex presidente da Real Academia Galega (RAG), e por Xosé Luís Axeitos, secretario desta institución, a mostra supón unha “biografía gramatical” de Galicia, ou o que é o mesmo a historia galega contada a través dos seus libros impresos, códices, crónicas manuscritas, mapas ou documentos máis senlleiros. Este é precisamente o sentido do nome da exposición. Os ex libris eran as marcas que se imprimían sobre o reverso dos libros para sinalar a pertenza a unha biblioteca ou a un autor. Trátase, polo tanto, “da colección de Galicia”, a que nos referencia e define como pobo. Máis información neste enlace. Polo momento, para visitala é preciso inscribirse no Programa de Visitas Guiadas á Cidade da Cultura na súa páxina web, onde se ofrecerá toda a información sobre días e horarios. Poráse en marcha ademais un servizo específico de visitas didácticas con guías e material específico.
Manuel Antonio liberado
(El País)
A Coruña: programa do luns 2 de agosto na Feira do Libro
19.00 h. A escritora Rosa Aneiros
asinará exemplares dos seus libros Sol de inverno (Premio Xerais de novela 2009), Ás de bolboreta (Premio Fundación Caixa Galicia 2009), e do resto da súa obra.
19.00 h. A Fundación Luís Seoane presenta o Dicionario Seoane, de Xosé Luis Axeitos, Antón Patiño, Xosé Díaz, Mª Antonia Pérez, Xavier Seoane e Ramón Villares. Participarán no acto Xosé Díaz e Alberto Ruiz de Samaniego.
19.30 h. Alfonso Costa, Francisco Fernández Naval e Camilo Franco, coautores de Níxer (libro solidario a favor da ONG Acción Contra a Fame), asinarán exemplares do libro, publicado por Xerais.
20.00 O escritor Francisco Castro presentará o seu libro O segredo de Marco Polo, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes e Dores Tembrás.
20.30 O escritor Jesús María Reiriz Rey asinará exemplares do seu libro Galicia oculta y negra, editado por Publicaciones Arenas.
21.00 Presentación do libro El árbol ausente, de Catherine François, publicado pola editorial Demipage. Presentará o acto Santiago Auserón, traductor do libro, Tati Mancebo e a propia autora.
“Ano de Luís Seoane: a transcendencia de Seoane na cultura galega”, mesa redonda con Xavier Seoane, Xosé Luís Axeitos, Xosé Díaz, Guillermo Escrigas
O luns 7 as 20:00, na Biblioteca de Estudos Locais (Durán Loriga, 10). (A Coruña Cultura)


