Celanova: No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Curros 2014

No Claustro barroco do Mosteiro de San Salvador, en Celanova.

Fallo do II Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María

“Hoxe, 24 de maio, na Casa Galicia en Gipuzkoa fíxose público o fallo do II Certame de poesía en lingua galega Manuel María. O xurado composto por Xosé Estévez, Paulo Lema, Rocío Dourado e Miriam López como secretaria sen voz nen voto acordaron que os premiados foran os seguintes:

1º premio: Cruz Martínez Vilas (Vigo). Obra: O lánguido ocaso dunha dalia.
2º premio: Pura Tejelo (A Coruña). Obra: Éramos deuses entre a herba seca de agosto.
3º premio: Tito Pérez Pérez (A Coruña). Obra: Despece.

Lisboa: palestra A subalterna que sim podia falar, de María Reimóndez

O Centro de Estudos Galegos, unidade de investigação da FCSH/NOVA, organiza a palestra A subalterna que sim podia falar, a proferir pela escritora e ativista María Reimóndez e que irá decorrer na próxima quinta-feira, 15 de maio, às 16 h. na sala 0.09 (Edifício B1) da Faculdade de Ciências Socias e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. María Reimóndez abordará as implicações de escrever em língua galega dum ponto de vista feminista e não heterossexual, assim como as tensões e hegemonias que condicionam a sua escrita na cultura galega contemporânea.
O ato será apresentado pelo professor Isaac Lourido, do Centro de Estudos Galegos. A palestra foi organizado em parceria com a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega e faz parte do programa de atividades académicas e culturais Maio é galego do Centro de Estudos Galegos.
Também o 15 de maio, às 19 h., María Reimóndez realizará uma sessão sobre ativismos, cooperação e crítica feminista no Centro de Cultura e Intervenção Feminista (CCIF/UMAR, Rua da Cozinha Económica, 30, Bloco M e N, Alcântara).

Tres obras finalistas para o Premio AELG de Teatro

Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo quinta edición. As obras finalistas, publicadas en 2013, foron escollidas polos 437 socias e socios da AELG, que nunha segunda fase tamén decidirán as gañadoras, que se darán a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o 3 de maio no Teatro Principal do Concello de Pontevedra.
Tras os votos emitidos na primeira quenda, quedaron as seguintes obras como finalistas do premio de Teatro 2013:

Vinte e sete obras finalistas compiten polos Premios AELG 2014

Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo quinta edición. As obras finalistas, publicadas en 2013, foron escollidas polos 437 socias e socios da AELG, que nunha segunda fase tamén decidirán as gañadoras, que se darán a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o 3 de maio no Teatro Principal do Concello de Pontevedra.
Tras os votos emitidos na primeira quenda, os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2013 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística (nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente), son:

Blog Literario

Ensaio

Literatura Infanto-xuvenil

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2013

Narrativa

Poesía

Teatro

Tradución

Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

Premio AELG 2014 “Institucións Culturais”

A AELG valora tamén o impulso dalgunhas institucións na promoción do teatro e, neste sentido, premiará:

Premio “Mestras-es da Memoria” 2014

A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta ocasión a Elba Requeijo e Xavier Blanco, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional

Escritor Galego Universal 2014

O escritor Bernardo Atxaga será o Escritor Galego Universal, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. O autor vasco ofrecerá o día 2 de maio, en Pontevedra, unha conferencia con título Reaccións ante unha pedra raiada, e ao día seguinte recollerá o premio na Gala das Letras. Con este nomeamento Atxaga súmase á listaxe conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro e mais Lídia Jorge.

No transcurso da gala a AELG tamén entregará a distinción “Bos e Xenerosos”, coa que a  Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega quere recoñecer o esforzo e o compromiso da xente do espectáculo para manter vivos os nosos escenarios nun momento en que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais. Desta maneira, a AELG premiará representantes de todas os ámbitos da escena galega: