O
venres 14 de febreiro, ás 20:30 horas, na Sala Extramuros (Rúa Monforte, 8) da Coruña, terá lugar un recital poético de Yolanda Castaño, que incluirá un pequeno adianto do seu novo libro A segunda lingua. A entrada é de 4 euros.
Arquivos da etiqueta: Yolanda Castaño
A Coruña: recital de Elvira Riveiro e Merja Virolainen no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
3 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Elvira Riveiro e a poeta finesa Merja Virolainen. Máis información aquí: Poetas di(n)versos febreiro 2014.
Compostela: presentación da Antoloxía de referencia do sentimentalismo (3 volumes)
O
martes 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Bus Station Space (Praza de Camilo Díaz Valiño, 17, enfronte da estación de autobuses) de Santiago de Compostela, preséntanse os tres volumes da Antoloxía de referencia do sentimentalismo, publicados pola editorial Bubela. No acto participan Yolanda Castaño, Francisco X. Fernández Naval, Baldo Ramos, Eva Veiga, Olalla Cociña e Berta Dávila xunto cos antólogos Manuel Celso Matalobos, Olga Patiño Nogueira, Xavier Lama, Branca Novoneyra e Mariña Pérez Rei.
Betanzos: presentación da Obra reunida (1994-2008) de Verónica Martínez Delgado
A
sexta feira 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado, publicado por Amargord. No acto, xunto á autora, participa Yolanda Castaño.
Manuscritos: Yolanda Castaño
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica.
A Coruña: recital de Luís “O Caruncho” e Alexis Díaz-Pimienta no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
13 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de improvisación oral a cargo de Luís “O Caruncho” e o cubano Alexis Díaz-Pimienta.
Máis información aquí: FOLLETO_DI(N)VERSOS 5.4.
Compostela: Implícate 2014
A Coruña: recital de Fran Alonso e Antoine Cassar no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns 30
de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Fran Alonso e o poeta maltés Antoine Cassar. Máis información aquí: Poetas di(n)versos decembro 2013.
Yolanda Castaño gaña o XI Premio de Poesía Novacaixagalicia
Desde
Sermos Galiza:
“A undécima edición do Premio Novacaixagalicia de Poesía xa ten nome e é o de Yolanda Castaño, escritora e dinamizadora cultural e cunha sólida e dilatada traxectoria poética. A súa obra A segunda lingua resultou gañadora entre 52 obras presentadas, elixida por un xurado composto polo presidente do PEN de Galicia, Luís González Tosar ademais de Fina Casalderrey, Armando Requeixo, Óscar Javier Castro e Luís Pousa. O premio está dotado con 6000 euros mais a edición da obra na colección na que xa se publicaron os anteriores libros gañadores.”
A Coruña: recital de Román Raña e Tal Nitzán no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
11 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Román Raña e a poeta hebrea Tal Nitzán. Máis información aquí: Poetas di(n)versos novembro 2013.

