Arquivos da etiqueta: Yolanda Castaño
Santiago: Implícate, noite de música e palabra solidaria 2011
O
domingo 9 de xaneiro, ás 20:30 h., no Teatro Principal de Santiago de Compostela, terá lugar o especial Implícate, noite de música e palabra solidaria 2011, que contará coa actuación musical de Leilía, Som do galpom e Wöyza, a danza do Centro Coreográfico Galego, o teatro con Life is a paripé, con Iolanda Muíños, César Goldi e Mos, e Quico Cadaval, e a presenza literaria de Ánxela Gracián, Lino Braxe, Marica Campo e Séchu Sende. Todo isto conducido co saber facer de Yolanda Castaño e Luís Tosar. Organizado por Implicadas no desenvolvemento. Máis información aquí.
O Saviñao (Escairón): presentación do libro Circular polo Saviñao III
O
xoves, 23 de decembro, a partir das 20:00 h., no Círculo Saviñao (Rúa Pardo Bazán, 17, O Saviñao, Escairón), preséntase o libro Circular polo Saviñao III, editado por esta entidade para conmemorar o seu 50 aniversario. Nel colaboran, entre outros, Xesús Alonso Montero, Xosé Lois García, Xabier Quiroga, Carlos Quiroga, Siro López e Yolanda Castaño.
A Coruña: recital de Olga Novo e Andrés Neuman no Ciclo Poetas di(n)versos
O
luns 20 de decembro, a partir das 20:30 h., na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo) da Coruña, retoma a súa actividade o ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, cun recital de Andrés Neuman, poeta arxentino-granadino, tamén autor de contos e microensaios, xa foi sinalado como un dos nomes clave da literatura do s. XXI por mestres como Bolaño, e Olga Novo, autora de culto das últimas xeracións galegas e unha das poéticas máis desacougantes do panorama contemporáneo, o seu traballo como profesora na Universidade da Bretaña Sur fainos escasas as ocasións de escoitar a forza vivencial e o erotismo. Máis información neste arquivo: Programa Ciclo DinVersos Decembro 2010.
Santiago: homenaxe a Rosalía de Castro, con Pilar García Negro e Yolanda Castaño, polo Instituto da Muller
A Coruña: recital poético-musical con motivo do Día dos Dereitos Humanos
O venres 10 de decembro, a partir das 20:00 h., na Biblioteca Miguel González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n.) da Coruña, con motivo do Día dos Dereitos Humanos, Amnistía Internacional organiza un acto poético-musical coa participación Yolanda Castaño, Xulio López Valcarcel, Pedro Ramos, Xosé Taboada, Xurxo Mares, Silvia Penide, Paco Campos, Francisco Pillado e Xulio Correa.
Pontevedra: Ponte-Poética, I Festival de Poesía das Linguas do Estado
O
venres 12 e sábado 13 de novembro, celébrase o I Festival de Poesía das Linguas do Estado en Pontevedra, Ponte-Poética, organizado polo Ateneo, que quere ofrecer, nun encontro anual, a mellor poesía escrita en galego, castelán, catalán e éuscaro a todos os amantes do xénero que queiran achegarse a escoitalo na voz dos seus propios autores, nun completo programa de recitais, en distintos espazos da cidade, abertos e gratuítos a todo o público interesado. A dirección do Festival corre a cargo de Yolanda Castaño, a coordinación Xaime Toxo, Antón Sobral e Carlos Fontes, baixo o patrocinio da Concellería de Cultura de Pontevedra, a Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova.
O programa é o seguinte:
Venres 12 de novembro:
– 18:30 h. Salón Nobre da Deputacion de Pontevedra. Sesión inaugural: David Castillo, Román Raña e Ada Salas.
– 20:00 h. Salón Nobre da Deputación de Pontevedra: Miren Agur Meabe, Josep Pedrals e Manuel Forcadela.
Sábado 13 de novembro:
12:30 h. Teatro Principal de Pontevedra: Leire Bilbao, Elena Medel, María Lado e Lucía Aldao.
18:00 h. Teatro Principal de Pontevedra. Recital final con todos os poetas participantes e clausura do Festival Ponte-Poética.
Neste arquivo pódese descargar máis información: Ponte-Poética 2010.
A Coruña: recitais do ciclo Poetas di(n)versos
O
ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, do último trimestre do ano comezará o vindeiro luns 20 de decembro coa participación de Andrés Neuman e Olga Novo, retomando as actividades coas que arrancara o ano pasado, e que contaron cun gran éxito de público. O obxectivo desta iniciativa céntrase en achegar a poesía ao público en xeral amosando outra forma de disfrutar a poesía dun xeito case escénico a través do que se busca animar a todo o mundo a achegarse a ela. O recital previsto para o domingo 14 de novembro con Gioconda Belli e Claudio Rodríguez Fer cancélase tras comunicar a poeta nicaraguana a anulación da súa visita á Coruña por motivos persoais.
As datas e autores previstos son:
– 20 de decembro:
– Andrés Neuman. O último Premio Alfaguara de Novela foi e será sempre, ademais, un lúcido poeta que se prodiga en múltiples formas dende o haiku ata o aforismo. Este arxentino-granadino, tamén autor de contos e microensaios, xa foi sinalado como un dos nomes clave da literatura do s. XXI por mestres como Bolaño.
– Olga Novo. Autora de culto das últimas xeracións galegas e unha das poéticas máis desacougantes do panorama contemporáneo, o seu traballo como profesora na Universidade da Bretaña Sur fainos escasas as ocasións de escoitar a forza vivencial e o erotismo.
– 17 de xaneiro:
– Rosa Alice Branco. Unha das poetas portuguesas máis importantes de hoxe, a súa obra ten participado en multitude de antoloxías e festivais poéticos de todo o mundo. Profesora de Estética e Teoría da percepción, a súa radical sensibilidade ponse de manifesto nos seus 8 poemarios entre os que consta o Premio Espiral Maior do pasado ano.
– Xavier Seoane. Nado e residente na nosa cidade, o dono dunha das poéticas máis rigorosas e fondas da Xeración dos 80 é tamén un fino e sagaz crítico literario e de arte. Profesor de Lingua e Literatura, ten tamén unha traxectoria como fndamentado xestor e dinamizador cultural.
Londres: Yolanda Castaño participa no International Poetry
O
domingo 7 de novembro escoitarase poesía en galego en Londres na voz de Yolanda Castaño, quen recitará na capital británica no marco do Poetry International 2010. Será en St. Paul’s Pavilion – Royal Festival Hall, Southbank Center, e estará acompañada por Antonella Anedda, Emmanuel Moses e Haris Vlavianos.
Santiago: presentación de Pel con pel
O
domingo 3 de outubro, ás 17:30 h., no Centro Sociocultural das Fontiñas, en Santiago de Compostela, preséntase Pel con pel, que recolle case corenta fotos presentadas ao II Concurso sobre Lactancia Materna que organizou Fedegalma e a Editorial Galaxia, acompañadas por textos literarios. No acto participan Dores Tembrás, Marta Dacosta, Begoña Caamaño, Ledicia Costas, Francisco Castro, Eduardo Estévez e Alfredo Ferreiro, autores de parte dos textos publicados neste libro, no que tamén escribiron Xosé María Álvarez Cáccamo, Román Raña, e Yolanda Castaño.
