Arquivos mensuais: Marzo 2024
Agustín Agra faise co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo
“Agustín Agra vén de facerse co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra O libro das contrarias. O xurado -composto pola poeta Mariña Pérez Rei, o escritor Fabio Rivas Pardo, e a escritora María Reimóndez– destacou que se trata dunha “obra de actualidade e ambiente cosmopolita que dialoga cunha ausencia, poñendo en dúbida os límites da memoria. A voz da narradora navega entre a linguaxe da fotografía, o xénero epistolar e a presenza icónica do mundo natural. Estes fíos tecidos constrúen unha obra de aparencia intimista, pero que revela puntos de conexión con temas tanto ambientais como de recuperación das voces e olladas das mulleres no ámbito científico a través dunha sensitiva voz narradora.”
A Coruña: recital de Abraham Pérez e Rolando Kattan no Ciclo Poetas Di(n)versos, o 25 de marzo
Carballo: 12 sesión do Seminario Eduardo Pondal XXI, “Queixumes desde a filosofía”, con Miguel Ángel Martínez Quintanar
Bases do XXII Premio de Poesía Concello de Marín
José Luis Baños de Cos gaña o premio Laudamuco de textos teatrais
Desde Nós Diario:
“O escritor José Luís Baños de Cos (Xerez da Fronteira, 1977) é o gañador da sexta edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, un certame literario convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O autor gaditano concorreu ao certame coa obra A porta. Un relato de violencia, pola que recibirá un premio de 7.000 euros e a edición da peza por parte de Edicións Positivas.
Ao certame presentáronse 49 escritos, duplicando a participación das dúas últimas edicións, só superada polos 54 orixinais recibidos na primeira edición. Deste xeito, o Premio Laudamuco leva promovido a escrita de máis de 200 textos teatrais en galego, cumprindo así o obxectivo para o que foi creado inicialmente.
O xurado -composto por Xoana Balado Fernández, Antonio Francisco Simón Álvarez Pérez, Miguel Pernas Cora, Francisco Oti Ríos e Carlos Vizcaíno Fernández, quen actuou como secretario- destaca que “o texto posúe unha poderosa dramaturxia construída a partir do cruzamento entre ficción e realidade, personaxes e intérpretes, metateatro e psicodrama, ben como o feito de a obra construír unha abafante atmosfera bélica como eixo do conflito humano, incluído o propio proceso de creación”. (…)”