Arquivos mensuais: Novembro 2024
A Coruña: lectura, conversa e sinaturas de Tras do Ceo, de Manuel Rivas
A Coruña: charla coloquio sobre Tabiba, de María Xosé Porteiro
A Coruña: 27 Memorial Ibán Toxeiro
A Estrada: VII Mostra de teatro escolar Olimpio Arca Caldas
Ferrol: presentación de As músicas interrompidas. Balboa, Macías, Viaño
Ourense: presentación de O segredo do trasno, de Alexandre Corbillón
Compostela: presentación de Cartas desde a cadea, de Rosa Luxemburg, en tradución de Almudena Otero Villena
Crónica videográfica do recital poético-musical “A Coruña: Luísa Villalta. A auséncia que sustenta a vida” (2)
Luísa Villalta. A auséncia que sustenta a vida. Recital poético-musical foi unha actividade da AELG, co apoio de CEDRO e o Concello da Coruña, que tivo lugar o 25 de setembro, ás 19:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, coa que celebramos a vixencia da figura de Luísa Villalta cun recital poético-musical, vinte anos despois do seu pasamento, na secuencia das homenaxes que tiveron lugar en 2004 e 2014.
O acto, conducido por Cesáreo Sánchez Iglesias e Beatriz Maceda, contou coas interpretacións musicais de Florian Vlashi e César Morán, e a intervención, lendo textos de Luísa Villalta, de Ana Romaní, Antía Otero, Daniel Asorey, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval, Henrique Rabuñal, Marga do Val, Marica Campo, Marta Dacosta, Miro Villar e Pilar García Negro.
Aquí pode verse a segunda parte da crónica videográfica, dispoñíbel aquí.
– Segunda parte do recital poético e intervención musical de César Morán: