Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Pontevedra: presentación de Festas con representacións de mouros e cristiáns, de Xosé Manuel González Reboredo
A Coruña: recital de Luís Valle e Jean Portante no Ciclo Poetas Di(n)versos
A
segunda
feira 13 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Luís Valle e o poeta luxemburgués Jean Portante. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos xaneiro 2020.
A Coruña: proxección de 12 Leiras, de Xosé Bocixa e Xabier Maceiras
Compostela: presentación de Papá, por que non pintas as unllas de cores?, de Jorge García Marín
Crónica videográfica da IV Xornada de Literatura Dramática (III)
A
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción foi unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os seguintes vídeos:
– Festival Pezas dun teatro do porvir. Santa Inés, pola Compañía A Feroz.
– Festival Pezas dun teatro do porvir. Mal Avenida, por Fernando Epelde.
– Festival Pezas dun teatro do porvir. Grada Família, por Marta Figueiredo (Portugal).
Compostela: club de lectura feminista A Lila + A Sega, Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero
Vigo: conversas ao redor da diversidade sexual nas novelas do Ciclo dos elementos de María Reimóndez
Compostela: vermú literario arredor de A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto
O
sábado 11 de xaneiro, ás 13:00 horas, na Casa do Taberneiro (Rúa de San Pedro, 15), en Santiago de Compostela, terá lugar o Vermú literario arredor de A gran travesía de Chiruca Macallás, con Xurxo Souto e o Coro Boghino de Caión.






