O
domingo 22 de setembro, ás 18:00 horas, no Auditorio da Fundación Paideia Galiza da Coruña (Praza de María Pita, 17), terá lugar o coloquio Palabras que baten coma ondas. Un mar de libros, con entrada gratuíta até completar a capacidade da sala, coa participación de Marta Dacosta, María Canosa e Xosé Iglesias, moderad@s por Xurxo Souto. O mar como inspiración, o mar como protagonista, o mar é paisaxe e tamén unha presenza imprescindible na obra e especialmente destes/as autores/as, que falarán co público da súa experiencia na escrita con tinta de sal. Esta actividade fai parte do Festival Mar de Mares.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: presentación de As fauces feroces, de Emma Pedreira
San Sadurniño: III Recital Poesía en feminino
Pontevedra: Os vermús de Pinto e Maragota, con Daniel Asorey
Chicago: recital con Estíbaliz Espinosa
Compostela: representación de Deixa de tocala, Sam, de AveLina Pérez e Velpister
O sábado 21, ás 20:30 horas, e o domingo 22 de setembro, ás 18:00 horas, no Salón Teatro de Santiago, represéntase a peza Deixa de tocala, Sam, de AveLina Pérez e Velpister.
Dirección escénica, dramaturxia e actriz: AveLina Pérez.
Dirección musical e piano en directo: Velpister.







