O 27 de novembro, ás 19:30 h., na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, preséntase o audiovisual Doe o Courel, de Xacobe Meléndrez Fassbender. Esta obra incorpora a voz de dous poetas, Helena Villar Janeiro e Uxío Novoneyra (gravación histórica), cunha música realizada específicamente para o documental, “Vento do Courel”, pola cellista Jimena Andión e o tema “Doce campanadas” de Diego Vasallo. Ao finalizar a proxección terase un debate coa presenza do realizador, Xacobe Meléndrez. A inscrición pode facerse aquí.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: presentación de As receitas de A voltas co prato
Crónica fotográfica da Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2024
A Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2024, actividade da AELG, contou co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestra e Mestre da Memoria 2024 respectivamente a Camiño Noia Campos e Henrique Peón, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.
As distincións entregáronse no marco da IX Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, a celebrar en Lugo, co apoio do Concello de Lugo, que terá lugar o 18 de outubro, no Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).
No acto, conducido por Eva Teixeiro, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Antonio Reigosa, quen lerá a laudatio de Camiño Noia Campos, e Pilar García Negro, quen lerá a laudatio de Henrique Peón Mosteiro, co acompañamento musical de Su Garrido Pombo e coa intervención de Celso Fernández Sanmartín.
Poden verse a continuación varias fotos do acto, podendo consultarse a crónica fotográfica completa aquí.