Desde
Sermos Galiza:
“O xurado da décimo oitava edición do premio Maruxa Villanueva de intepretación teatral decidiu outorgarlo á actriz Iria Pinheiro. “Destacamos a súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e avisibilidade como actriz para causas xustas e necesarias”, sinalou.
A última obra de Pinheiro é Anatomía dunha serea, facturada ao abeiro do proxecto Berberecheira, da compañía Chévere. “É un espectáculo petinente”, afirma o xurado dun galardón que concede o Concello de Padrón, “ante o debate social arredor da violencia obstétrica. É ademais un exemplo de proceso de investigación, co sentido comprometido do teatro documentado”.
Mais non se centra o fallo en Anatomía dunha serea. “A súa traxectoria amosa unha versatilidade como actriz que, nunha constante renovación do cabaré e o teatro cómico, a presenta como unha creadora total comprometida con todas as facetas do teatro”, engadiu.
Fixeron parte do xurado, presidido pola concelleira de Cultura da localidade Lorena Couso, a escritora Inma López Silva, o actor e profesor Carlos Biscaínho, o dramaturgo Afonso Becerra, o director da mostra de teatro de Ribadavia Roberto Pascual, a investigadora Comba Campoi. A secretaria foi a animadora social do Concello María Cruz Taboada.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
II Premio de Poesía Estratosférica
Compostela: presentación de Señardade, de Alejandra Bellón Tenreiro
Xabier Cordal: “Esta é a xeración que máis le da historia; a maioría le mensaxes no móbil”
A Coruña: Proxección de Vértice de Versos e coloquio posterior
O 15 de febreiro, no Centro Ágora da Coruña, terá lugar a proxección de Vértice de Versos e coloquio posterior na Coruña, unha iniciativa de Carlos Lorenzo, coa colaboración da AELG.
O 15 de febreiro, no Centro Ágora da Coruña, terá lugar a proxección de Vértice de Versos, documental realizado por Carlos Lorenzo.
Posteriormente, terá lugar un coloquio coa participación do seu autor, Carlos Lorenzo, xunto a Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán-Vello e Emma Pedreira, que será moderado por Mercedes Queixas Zas.
Esta actividade está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e o Centro Ágora, coa colaboración da AELG.
Mondariz: presentación da colección Feminismos
Carballo: presentación de Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz
Pontevedra: Vermú entre libros con María Xosé Queizán
Vigo: presentación de Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, de Montse Pena Presas
Vigo: presentación de O lugar que non hai, de Estevo Creus
O
15 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel de Vigo (Avenida das Camelias, 102), preséntase O lugar que non hai, de Estevo Creus, publicado por Chan da Pólvora.








