
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Vilalba: II Xornadas de Patrimonio Inmaterial
O Carballiño: contacontos musical arredor de O desencantamento, de Rafael Quintía
Allariz: entrega e presentación do X Premio Antón Risco de novela curta, Reflorestação, de Nuno Gonçalves
Serra de Outes: recital poético-audiovisual de Véndoche un poema, de Fran Alonso
Betanzos: presentación de Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino
Estro Montaña e Pablo Escudero Abenza gañan o Torrente Ballester da Deputación da Coruña
Desde a Deputación da Coruña:
“O XXXVII Premio Torrente Ballester de narrativa, convocado polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña, xa ten gañadores. Na modalidade en galego, o premio recaeu en José Montaña Louzao, ‘Estro Montaña’ (Betanzos) pola novela Non hai paz no paraíso, mentres que na modalidade en castelán o galardón foi para Pablo Escudero Abenza pola obra Biblioteca familiar.
O galardón busca recoñecer a excelencia narrativa tanto en lingua galega como en castelán, consolidándose como un referente literario. O premio está dotado con 15.000 euros para cada modalidade.
O xurado da modalidade en galego, composto por Ismael Ramos, Lara Dopazo, Ana Varela, Manuel Esteban e Loli Rodríguez (gañadora da pasada edición), salientou da obra gañadora o estilo coidado e o uso dunha linguaxe moi rica en matices. A peza ofrece un percorrido histórico pola sociedade galega da primeira metade do século XX, a través dunha serie de personaxes poliédricos que reflicten a complexidade política e social da época. (…)”









