Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: presentación de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira
Ourense: presentación de Poemas birollos para ler cos ollos e Contos nerviosos, de Fran Alonso
O venres 7 de outubro, ás 18:30 horas, na Libraría Espacio Lector Nobel (Rúa da Concordia, 8), de Ourense, terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e do libro de contos Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Xela Alonso e o propio autor. Presenta o acto o editor Miguel Toval.
Vigo: presentación de A ira dos mansos, de Manuel Esteban
O venres 7 de outubro, ás 20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), en Vigo, terá lugar a presentación do libro A ira dos mansos, de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. No acto participan, xunto ao autor, Marta Gómez González e Manuel Bragado.
Outeiro de Rei: A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, por Lucecús Teatro
A Coruña: presentación e sesión vermú con Negruña
Viveiro: mesa de debate sobre Antón Villar Ponte e outros persoeiros das Irmandades
O sábado 8 de outubro, ás 12:00 horas, no Teatro Pastro Díaz (Constanza de Castro, 19), en Viveiro, terá lugar a mesa de debate Protagonistas (I): Antón Villar Ponte, Xohán Vicente Viqueira e Florencio Vaamonde Lores, coa que a Real Academia Galega continúa o ciclo No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos.
Modera: Carlos Nuevo Cal.
Relatores:
– Emilio Xosé Ínsua. Antón Villar Ponte (1881-1936): un guieiro xeneroso e esforzado.
– Antón Costa. Xohán Vicente Viqueira e o ensino galego.
– Isabel Seoane. A participación de Florencio Vaamonde nas Irmandades da Fala.
Vigo: Círculo Poético Aberto, outubro de 2016
A Coruña: presentación de Camiños na sombra, de Xián Lois Alcayde Dans
Falece o poeta Fran Cortegoso
Desde Sermos Galiza:
“Francisco Cortegoso finou esta cuarta feira, 5 de outubro, aos 31 anos de idade tras unha enfermidade. O escritor puido ver rematada a súa derradeira obra, Suicidas, editada por Chan da Pólvora. Precisamente, o mesmo día que falecía na súa casa de Bora (Pontevedra) o autor, o seu poemario chegaba ás librarías do país.
Segundo informa Chan da Pólvora, Antón Lopo, Manolo Martínez e Gonzalo Hermo traballaron arreo para que o poeta puidese ver publicada a súa obra. “Hoxe é un día de inmensa tristura para as persoas que formamos o equipo da Chan da Pólvora. Vaian as nosas condolencias e o noso amor para a súa familia, os seus amigos e toda a xente que o quere”, sinalou a editora nun comunicado.
Licenciado en Filoloxía galega, o autor deuse a coñecer como poeta en 2008, na Revista das Letras de Galicia Hoxe con Ningún Home. En 2013 obtivo o premio de poesía Pérez Parallé co poemario Memorial & Danza.”