O
luns 18 de febreiro, as 21:00 horas, na Libraría A lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, terá lugar un coloquio sobre o Colectivo Literario Sacou coa participación de Ramón Blanco, Anxo Otero e Manuel L. Rodrigues, onde falarán sobre os seus proxectos individuais e colectivos. O acto finalizará cun recital poético.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Centros escolares colaboradores no Día de Rosalía de Castro 2013 (XI)
Dentro
das actividades do Día de Rosalía de Castro 2013, organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o venres 22 de febreiro terá lugar en múltiples centros de ensino a inclusión, nese día de actividades escolares, de lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que serán divulgadas posteriormente no noso espazo web para darlles visibilidade social.
Finalizamos coa publicación diaria dos centros que participan nesta actividade, aos que agradecemos enormemente o interese e dispoñibilidade das súas comunidades escolares:
– Eu ben vin estar o moucho: IES Pintor Colmeiro, Silleda.
– Airiños, airiños aires: CEP Celso Emilio Ferreiro, Vigo.
– Ao Sr. D. Camilo Álvarez e Castro, Chantre da Catedral de Salamanca: CEIP Pío XII, Santiago de Compostela.
– Pasa, río, pasa, río: CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui.
– Ora, meu meniño, ora: CEIP A Fraga, As Pontes.
Concellos que acordaron celebrar o Día de Rosalía de Castro (IV)
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega agradece o compromiso das corporacións provinciais e municipais que acordaron nos seus plenos celebrar o Día de Rosalía de Castro:
– Concello de Poio.
– Concello de Ponteareas.
– Concello de Pontedeume.
Lugo: presentación de Sinistra deixa, de Isidro Novo
O
venres 15 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase Sinistra deixa, de Isidro Novo, publicada en Toxosoutos. No acto, xunto ao autor, participa José Luis Calvo.
Vigo: presentación de Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena
O
venres 15 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel Bragado.
Gravacións das II Xornadas de Literatura e Ensino: Escribir e ler na escola de hoxe para a cidadanía de mañá (III)
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co apoio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), celebrou os días 9 de 10 de novembro de 2012 a segunda edición das Xornadas de Literatura e Ensino que, co lema Escribir e ler na escola de hoxe para a cidadanía de mañá abordou os seguintes obxectivos:
– A posta en valor do Club de Lectura como formato plenamente vixente para o fomento da lectura e da escritura creativa, así como para a normalización lingüística e o achegamento á lingua e literatura portuguesa.
– A revisión dos parámetros metodolóxicos actuais para a didáctica de contidos de xéneros tradicionais, con especial incidencia no poético e mais na literatura infanto-xuvenil, explorando o seu potencial normalizador coa axuda das novas tecnoloxías aplicadas á creación e á difusión.
– Temas de especial interese para o profesorado -os criterios de selección e o estabelecemento de canons literarios orientativos para o ensino da literatura, as estratexias de sedución que faciliten a descuberta e o achegamento á literatura por parte do público infanto-xuvenil, tamén no sentido da estimulación da escrita creativa- tamén terá espazo nas xornadas.
Reproducimos nesta Axenda os vídeos onde se recollen as participacións nas Xornadas. Pódense consultar todos aquí.
Presentación da mesa redonda: Eu son do Club de Lectura, e ti?
Mesa redonda: Eu son do Club de Lectura, e ti? Intervención de Concha Costas
Mesa redonda: Eu son do Club de Lectura, e ti? Intervención de Maria José Díaz Pinheiro
Mesa redonda: Eu son do Club de Lectura, e ti? Intervención de Joseph Ghanime Lopes
Mesa redonda: Eu son do Club de Lectura, e ti? Intervención de Miguel Ríos
Lugo: exposición Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968)
O
xoves 14 de febreiro, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), inaugúrase a exposición Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968), promovida pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, que estará aberta ao público até o luns 20 de maio, con entrada gratuíta e horario de luns a venres de 09:00 a 21:00 horas; sábados de 10:30 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:00 h.; e domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h.
No acto intervirán Antonio Veiga, Mario Outeiro, Xoán R. Cuba, comisario da exposición. Haberá tamén unha lectura dramatizada do Diario de Lugo de Ben-Cho-Shey, a cargo de Paloma Lugilde e Tareixa Campo, e a actuación musical de Mini e Mero.
A mostra estrutúrase en 4 apartados:
1. Fotobiografía: un percorrido cronolóxico pola vida de Ben-Cho-Shey con máis dun cento de fotografías e ilustracións.
2. Andar e aguzar. Os traballos e os días de Ben-Cho-Shey: As distintas vertentes do seu labor como polígrafo, cunha ampla información gráfica, bibliográfica e documental (o escritor, o xornalista, o etnógrafo, o arqueólogo, o político…).
3. O Partido Galeguista en Lugo 1931-1936. A constitución do Partido Galeguista en Lugo e o seu avance e consolidación na etapa en que Ben-Cho-Shey preside o Grupo local. Documentos inéditos: O Diario de Lugo de 1936, correspondencia co Comité Executivo do Partido, con militantes de distintas localidades, carta de Ben-Sho-Shey a Castelao dende Lugo, propaganda política orixinal da época e varios documentos gardados, nun arquivo clandestino, polo secretario do Grupo local de Chantada, Leonardo Fernández Souto.
4. Sociedade e cultura en Lugo 1918-1968. Unha cronoloxía da vida social e cultural de Lugo, nos 50 anos claves da traxectoria vital e intelectual de Ben-Cho-Shey, acoutada por dous anos simbólicos: o 1918, no que se celebra en Lugo a Asemblea Nacionalista, auspiciada polas Irmandades das Fala, e o 1968, ano de efervescencia política e cultural, no que Ben-Cho-Shey declara no TOP (Tribunal de Orde Pública) a favor de tres mozos lucenses detidos en Madrid a finais do ano anterior, pola campaña Libertade pra Galicia.
Arteixo: presentación de O mar de Arteixo e os seus naufraxios, de Xabier Maceiras
Vigo: presentación de Xeórxicas do pan, de Ramón Otero Pedrayo
O venres
15 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, preséntase o libro Xeórxicas do pan, de Ramón Otero Pedrayo, publicado en Galaxia. No acto intervirán Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol, Manuel Forcadela, Silvia Penas, Víctor F. Freixanes, Ernesto Pedrosa e Alfonso Zulueta de Haz.

