O
venres 9 de novembro, ás 18:30 horas, na FNAC Coruña (Praza de Lugo), terá lugar un concerto de presentación do libro-disco María Fumaça, publicado en Galaxia.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Fene: tertulia de Francisco Castro con Carlos Negro, no Ciclo de Tertulias con gañadores/as do Premio Blanco Amor
O xoves 8 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Fene, continúan os faladoiros do Ciclo de Tertulias con gañadores/as do Premio Blanco Amor, organizado pola Concellaría de Cultura e Deportes do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Nesta ocasión, Francisco Castro, gañador do Premio Blanco Amor organizado polo concello de Neda en 2005, coa novela Spam, falará sobre esta obra nun acto conducido por Carlos Negro.
Vigo: presentacións de Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez
O
xoves 8 de novembro, ás 11:30 horas, na Facultade de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, preséntase o libro Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez, publicado en A Porta Verde do Sétimo Andar. No acto, xunto á autora, participan Miguel Á. Alonso Diz, Xina Vega e Manuel Forcadela.
Ese mesmo día, ás 20:00 horas, no Café De Catro a Catro (Rúa Xirona, 3), tamén en Vigo, terá lugar outro acto de presentación, coa intervención de Alfonso Láuzara, Paz Raña, Begoña Outeiro, Xina Vega e a propia autora.
Moaña: presentación de Monicreques, de Xosé Daniel Costas
O
xoves 8 de novembro, ás 21:00 horas, na Casa da Música de Moaña, preséntase o novo poemario de Xosé Daniel Costas, Monicreques, que obtivo o X Premio de poesía Novacaixagalicia. Tras a presentación o autor recitará poemas da obra acompañado da intervención musical da Zalo Carballo e a presenza de Xosé Manuel Millán Otero.
Santiago: presentación de A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins
A
quinta feira 8 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins, publicado por Através Editora.
Entrevista a Fran Alonso en Eirado, da Televisión de Galicia
Entrevista a Fran Alonso no programa Eirado, da Televisión de Galicia:
Entrevista a Andrés Torres Queiruga en Zig zag diario
Entrevista a Andrés Torres Queiruga no programa Zig zag diario, da Televisión de Galicia:
Ramón Blanco gaña o II Slam.Arousa Poesía
“O
segundo torneo do Slam Arousa, un certame poético de recitado organizado polaa actriz e poeta rianxeira Esther F. Carrodeguas, foi gañado polo escritor de Outes Ramón Blanco, que foi dos membros fundadores do colectivo cultural Sacou, ao que tamén pertence o poeta Manuel L. Rodrigues, que quedou terceiro na cita. A recitadora que quedou en segundo lugar foi Ramona Fernández.” Desde Certo.
Manuscritos: Carlos Arias
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
Pontevedra, Santiago e Vigo: presentacións de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
O
xoves 8 de novembro, ás 20:15 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina) de Pontevedra, preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado polos Cadernos Q de Vian. O sábado 10 de novembro, ás 12:30 horas, fará o propio na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, e ás 20:30 horas, na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) de Vigo.


