O 6 de xullo, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o Cancioneiro da Ribeira de Piquín, de Xosé Manuel Sánchez Rei e Noemí García Rodríguez, publicado pola Editorial Canela. No acto participan tamén Xurxo Souto e Pablo Quintana. As persoas que queiran asistir poden anotarse aquí.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: “É un falar. A oralidade na escrita. Escribir a voz”, con Susana Arins e Uxue Alberdi
Ferrol: presentación de Alén da desventura, de Xavier Alcalá
Isaac Alonso Estraviz: “Sou natural do país onde nasceu a língua galego-portuguesa”
Inma López Silva: “A miña pulsión é narrativa, pero agora precisaba contar doutro xeito”
Entrevista a Inma López Silva no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Clepsidras. Este libro é o primeiro poemario dunha autora á que coñecemos por outros xéneros como a novela ou o ensaio. Así asistimos á inmersión inesperada de Inma López Silva na poesía. A entrevista pode verse aquí.”
Vigo: actividades do 5 de xullo da Feira do Libro 2022
Cangas: VI Torneo de Dramaturxia de Galicia
O Facho: Prémios Literários do ano 2022
Desde a A. C. O Facho:
“Ressoluçom dos concursos anuais da Agrupaçom Cultural O Facho:
Concurso de Teatro Infantil
Obra Ganhadora: Ícaras. Autor: Carlos Labraña.
Concurso de Poesia
Deserto
Concurso de Contos de nenos para nenos
Prémios da Categoria A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos):
Deserto
Prémios da categoria B. (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos):
Deserto
Nota. Achamos que a declaraçom ?dessertos? dos prémios de contos e de poesia vem determinada por os problemas que tivemos com unha das contas de correios ao ser ameaçada e mesmo bloqueada, impossibilitando uma comunicaçom efectiva com os centros.
Assim mesmo, levamos dous anos sem concursos, por mor da pandémia provocada por a Covid-19, feito que fixo diminuír a participaçom.
Procuraremos arranjar estes problemas nas próximas comunicaçons.
Agrupaçom Cultural O Facho”