Arquivo da categoría: Coloquios
Pontevedra: Sabela González lerá as primeiras páxinas da segunda parte de As crónicas de Landereina
Desde
Galaxia:
“O xoves 27 de marzo, ás 10:30 horas, no Salón do Libro de Pontevedra, un grupo de alumnas e alumnos do IES Torrente Ballester desa cidade escoitarán as dúas primeiras páxinas do novo libro da triloxía As crónicas de Landereina, Feitizo de sangue, na voz da súa autora, Sabela González, acompañada por Francisco Castro. Ao tempo, anunciará algunhas das claves da evolución da historia e dos personaxes da obra, publicada por Galaxia.”
Compostela: presentación de Fóra de portas, de Roi Vidal
O
mércores 26 de marzo, ás 20:00 horas, no Restaurante Grândola de Santiago de Compostela (Rúa Cardeal Payá, ao lado da Praza de Mazarelos), terá lugar un encontro arredor do libro Fóra de portas. Paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño, de Roi Vidal, publicado por Positivas.
A Coruña: actividades destacadas do venres 21 en CoruñaMayúscula
O
venres
21 de marzo, no Centro Ágora da Coruña, terán lugar estes actos destacados dentro do festival CoruñaMayúscula:
– 11:00 h. Recital de poesía no Auditorio, coa participación de Berta Dávila, Mercedes Díaz-Villarías, Miriam Reyes e Isabel Pérez Montalbán.
– 19:30 h. Conversa sobre Galicia, Terra de Mulleres Poetas, na Aula 9, con Eva Veiga e Carmen Blanco.
Ferrol: acto arredor do libro A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O
xoves 20 de marzo, ás 19:30 horas, no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204) de Ferrol, terá lugar un acto arredor do libro A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicado en Xerais. No acto acompañará ao autor Eliseo Fernández.
Ramón Nicolás: Con Antón Riveiro Coello no Club de Lectura Lendo no Galiñeiro
Crónica
de Ramón Nicolás no seu blogue, Caderno da crítica:
“Antón Riveiro Coello agasallounos onte, coa xenerosidade que o caracteriza, un serán inesquecible. Achegouse á tardiña ao Club de Lectura Lendo no Galiñeiro do IES Valadares e gozamos alí dun par de horas de intensa e aleccionadora conversa arredor, basicamente, desas dúas grandes pezas da narrativa galega contemporánea como son Laura no deserto e mais As rulas de Bakunin, sobre as que se dialogou abondo, aínda que tamén se tocaron aspectos do que se podería denominar a cociña (literaria) do autor, isto é, o seu espertar á creación literaria, as lecturas e o pouso que estas deixan ou as fontes e dinámicas empregadas para a xestación das súas novelas. Houbo tempo tamén para falar d´Os ollos de K, de Casas baratas e doutros títulos, sempre con simpatía e proximidade. Un serán extraordinario, non teño dúbida, onde moito aprendemos sobre literatura e sobre vida. Moitas grazas, Antón (fotos do encontro nas que falta o espléndido fotógrafo, Anxo Cabada).”
Deusto: proxección e coloquio sobre O instante eterno, de Xosé Antón Cascudo
Betanzos: Encontro literario con Diana Varela Puñal, Xulio López Valcárcel, Concha Parga, Paco Campos e X. L. Sobrino
Ourense: espectáculo poético-artístico de Eli Ríos, Yolanda López e Xosé Manuel Moxom
O
venres 7 de marzo, ás 20:30 horas, no Biblio-café La habitación de niña caracol (Praza das Mercedes, 12) de Ourense, terá lugar unha tertulia e intervención poética de Eli Ríos e Yolanda López, quen, baixo o título Mulleres que corren como lobos, falarán sobre os seus últimos poemarios, Maria e Moralla, respectivamente, da man das mulleres feitas materia polo artista ourensán Xosé Manuel Moxom, quen exercerá de mestre de cerimonias para adentrarse na poesía, na escultura, na música e na pintura.



