O
mércores 16 de outubro, a partir das 10:00 horas, na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, dentro do Ciclo Economía e Cultura, terá lugar unha conversa con Ana María Llopis, baixo o título Da idea á acción. O acto, para o que a inscrición, gratuíta, se pode facer aquí, ten o seguinte programa:
– 10:00-10:15 h. Presentación.
– 10:15-11:15 h. Que é unha idea, e que se podería considerar unha “boa” idea.
– 11:15-12:00 h. Obradoiro de ideas!
– 12:30-13:30 h. Como se pasa á acción. E despois de compartir ideas… que facemos?
– 13:30-14:00 h. Debate final.
Arquivo da categoría: Coloquios
Gondomar: Vermú literario con Dolores Redondo en Espazo Lectura
O
domingo 6 de outubro, ás 12:00 horas, na Xamonería Catro Camiños de Gondomar, o Club de Lectura Sete Vidas de Espazo Lectura abre a súa tempada cunha sesión moi especial: un vermú literario con Dolores Redondo acompañado de polbo á feira. A escritora vasca Dolores Redondo é autora do thriller de éxito internacional O gardián invisible, traducido a numerosas linguas en todo o mundo e estará connosco en Gondomar para acompañar os seus lectores e lectoras. Neste acto poderanse compartir coa autora uns atractivos momentos de charla e intercambio de impresións.
Rianxo: conversa e obradoiro con Cremildo Bahule no mes de outubro
Moaña: tertulia da Lonxa Literaria sobre Faneca Brava, de Manuel Portas
Nova York: coloquio coa participación de Francisco Álvarez-Koki
O
venres 27 de setembro, de 18:00 a 19:30 (hora local), na Mid-Manhattan Library de Nova York, terá lugar o coloquio Tres autores, un mundo, coa participación de Francisco Álvarez-Koki, Jacqueline Donado e Teresa Nasarre Abizanda, cuxas obras están relacionadas coa cidade estadounidense.
Compostela: Titiriteiros, no Café da memoria do Museo do Pobo Galego
O xoves 26 de setembro, ás 18:00 horas, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, dentro de Café da memoria, cita que periodicamente organiza o Museo para partillar memorias arredor dunha cunca de café, coa colaboración da Asociación Morreu o Demo para a recuperación do títere tradicional galego, contarán as súas vivencias como artistas ambulantes Alfonso Silvent (fillo de José Silvent, creador de Barriga Verde), e Juan Silvent (fillo de Santiago Silvent, tamén titiriteiro). Manuel Lourenzo, autor e dramaturgo, e grande coñecedor da tradición teatral galega, dará unha visión máis contextual do que era andar co teatro polos camiños.
Compostela: presentación de Meninos de São Raimundo, de Roberto Lima e Bispo Filho
A Coruña: As letras das ciencias, no Día Internacional da Tradución
A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o sábado 10 e domingo 11
O
sábado 10 e domingo 11 de agosto serán os últimos días desta edición da Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para eses dous días:
Sábado 10
– 19:30 h. Francisco Pillado asina exemplares das súas obras na na caseta da Libraría Couceiro.
– 21:00 h. Presentación do libro Los mejores poemas de amor, editado por Pigmalión. Participarán no acto: Luz Pozo Garza, Olga Patiño Nogueira, Miguel Anxo Fernán-Vello, Chema Paz Gago, Basilio Rodríguez Cañada e Antonino Nieto Rodríguez. Xosé Taboada e Paco Campos intervirán coa música e voz no acto.
Domingo 11
– 13:00 h. Encontros da literatura fantástica entre Contos Estraños e Urco Editora.
– 18:30 h. Presentación do libro pedras de Plastilina, de Moncho Iglesias, publicado por Toxosoutos. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro na caseta da Libraría Cartabón.
– 19:30 h. Presentación do libro Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado por Redelibros.
– 20:00 h. Na Ponte ao vivo. O radio … visual de Ponte nas Ondas, conducido por Xurxo Souto con convidados/as do disco/libro/DVD.
– 20:00 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide, publicado en Redelibros.
– 21:00 h. Presentación do libro Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira, publicado en Redelibros.
Xesús Bermúdez Tellado, Puri Ameixide e Francisco Castiñeira asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.
A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o venres 9
O
venres 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
Venres 9
– 19:00 h. Xabier López López asina exemplares da súa obra na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
– 20:00 h. Escribir en galego para que nos lean en todo o mundo. Coloquio cos escritores Francisco Castro, Xabier López López e Álex Bilbao, escritor e editor de Libros de Pizarra. Modera o acto Mercedes Queixas Zas.
– 21:00 h. Presentación e sinatura do libro A nosa botica, de Miguel Mosquera Paans, publicado por Edicións do Cumio.




