Arquivo da categoría: Conferencias
Rianxo: Curso de verán da USC. Galego, porta aberta para o mundo 2
Compostela: Xornada sobre Bibliotecas especializadas e centros de documentación, o 21 de xuño
Compostela: entrega do XIII Premio de Relato Curto da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago
A Coruña: Ferrados de Letras 2019
Vigo: Os Castro. Auxe e caída dunha dinastía galega, conferencia de Anselmo López Carreira
Vigo: inauguración da exposición “José Régio e os mundos em que viveu”
Compostela: palestra-coloquio Momentos de Galiza e de Portugal, por Manuel Miragaia
Gondomar: homenaxe a Antonio Fraguas
Literatura galega en Roma
O Instituto
Cervantes, en colaboración co Centro de Estudos Galegos de Roma acubillado na Università La Sapienza, organiza tres xornadas dedicadas á lingua e a literatura galegas. O martes 21 de maio terá lugar unha performance a cargo da poeta Yolanda Castaño e o músico Isaac Garabatos.
Seguiralle un coloquio o día 28 de maio da man de Marco Paone e Attilio Castellucci, profesores da Universidade de Perugia e a Universidade da Sapienza e directores dos Centros de Estudos Galegos de ambas universidades, baixo o título “Il galego, origini di una lingua e della sua letteratura” (“O galego, as orixes dunha lingua e da súa literatura”).
Poralle fin a estas xornadas Suso de Toro o día 5 de xuño, autor con obra traducida ao italiano como dá conta o Uomo senza nome publicado pola editorial Gran Via en 2008.”