Arquivo da categoría: Día das Letras
Santiago: presentación de Roberto Vidal Bolaño ou o xogo do teatro, de Afonso Becerra
Taboleiro do libro galego (X), por Ramón Nicolás
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí a nova entrega da listaxe de libros en lingua galega máis vendidos na última quincena. Á colaboración das dezaseis librarías habituais -Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia- súmaselle o concurso desde hoxe da libraría betanceira Carricanta. A todas elas a miña gratitude.”
NARRATIVA
1º-. Faneca Brava, de Manuel Portas, Edicións Xerais.
2º-. Infiltrados, de Alfonso Eiré, Biblos.
3º-. As vidas de Nito, de Xabier Paz, Edicións Xerais.
4º-. Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Editorial Galaxia.
5º-. Pastoral americana, de Philip Roth, Faktoría K de Libros (tradución de Fernando Moreiras).
POESÍA
1º-. Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).
2º-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.
3º-. Carne de Leviatán, Chus Pato, Galaxia.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Obras completas I e II, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
2º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, Montse Pena e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
3º-. Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro, de Roberto Pascual, Edicións Xerais.
4º-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
5º-. Matriarcas, de Montse Fajardo, autoedición.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións-A porta verde do sétimo andar.
2º-. A nena á que non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, A porta verde do sétimo andar.
3º-. Dragal II, de Elena Gallego, Xerais.
4º-. A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly, Faktoría K de Libros (tradución de Carlos Acevedo).
5º-. Man, o alemán de Camelle, de Beatriz Maceda e Laura Veleiro, Galebook.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Rosalía pequeniña, de Uxía Senlle, Editorial Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Editorial Galaxia.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Marcopola 2, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
Unha ruada de papas e o unto, de Roberto Vidal Bolaño
Desde Cultura Galega:
“Co gallo do Día das Letras Galegas, o Consello da Cultura Galega editou este facsímile, que agora podes descargar de balde, da obra de teatro Ruada das papas e o unto. A obra foi estreada por primeira vez nas Pontes en 1981 por parte da primeira compañía de Vidal Bolaño, Teatro Antroido, e vale para comprender a traxectoria teatral e intelectual de Vidal Bolaño. Como sinala Inma López Silva nos textos introdutorios, Vidal Bolaño buscou as raíces do teatro galego nas manifestacións populares parateatrais, coma o Entroido. O resultado: este fermoso mecanoscrito que nos achega ao coidadoso proceso creativo de Vidal Bolaño.”
Ourense: conferencia de Cándido Pazó sobre Roberto Vidal Bolaño
Betanzos: charla de Roi Vidal sobre Roberto Vidal Bolaño
Pontevedra: comeza a Feira do Libro 2013
O mércores 22 de maio comeza a edición de 2013 da Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Mércores 22
– 18:00 h. Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por por Nova Galicia Edicións.
– 19:00 h. Montse Fajardo asinará exemplares do libro Matriarcas na caseta de Libraría Paz.
– 20:00 h. Santiago Lopo asinará exemplares do seu libro Hora zulú, publicado por Editorial Galaxia, na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Pilar Martínez asinará exemplares do seu libro A galiña roxa, publicado por Kalandraka Editora, na caseta de Libraría Seijas.
– 20:00 h. Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
Montse Pena: Un chapeu negro e un nariz de pallaso
A Coruña: representación de Ópera de a patacón, polo grupo de teatro da A. C. Alexandre Bóveda
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o martes 21 de maio, ás 21:00 horas, no salón de actos do Colexio Calvo Sotelo da Coruña, terá lugar a representación da obra teatral Ópera de a patacón a cargo do grupo de teatro Alexandre Bóveda, no transcurso do XVI certame de teatro amador Candilejas Don Bosco 2013.
Esta obra é unha adaptación teatral a cargo do director do noso grupo de teatro, Xoán Carlos Mejuto desta coñecida obra como homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. A entrada é de balde.
Euloxio Ruibal: “Era difícil e admirable que un grupo estrease unha obra”
Entrevista a Euloxio Ruibal en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): E do cine ao teatro… Despois esa colaboración [con Roberto Vidal Bolaño] continuou cos premios Abrente, as primeiras mostras de Ribadavia…
– Euloxio Ruibal (ER): Nós tiñamos certa preocupación pola recolla de manifestacións etnográficas, parateatrais. Pero á hora de facer curtas de ficción, pasábamos por moitas dificultades económicas, e foi como fundamos Obradoiro, un grupo de teatro para interpretalas. Así naceu Antroido, seguindo nesa liña de investigación antropolóxica do parateatral (os peliqueiros de Laza, as procesións…). Eu escribira O cabodano, pero non pasou a primeira censura (a de texto: daquela primeiro censuraban o texto e despois o espectáculo). Entón tentamos unha farsa dun autor anónimo francés, da que eu fixera unha versión libre [a Farce de maître Pathélin, da que saiu As falcatrúas do Marqués Patacón, estreada en maio do 76].
Non houbo moita máis colaboración con Antroido, xa que despois eu me apartei do teatro, e ocupeime coa galería de arte Citania. Eles, mentres, tentaron a profesionalización, e eu dicíalles: “Que valentes sodes! Vivir do teatro!”. O que son as cousas, despois, á volta do tempo, Roberto quixo montar O cabodano, e eu cedéralle os dereitos a Vieites, pero non me puiden negar. E non chegou a vela estreada: a obra estreouse en Narón, con Susana Dans no papel principal [por Teatro do Aquí, con dirección de Rubén Ruibal, no ano 2002].
– SG: Que significaba escribir teatro naqueles tempos, comezando os 70?
– ER: Significaba saber que ía haber incomprensións, que ían haber dificultades para a estrea e para a publicación.
– SG: E como fixeron para crear público? Ten dito que o público non se capta, senón que se crea.
– ER: Ao público primeiro hai que atraelo, e despois mantelo. Eu centreime na escrita, pero admiro moito o traballo ao ver que un grupo consegue estrear unha obra, ao ver que se está facendo un esforzo incrible. Esixe traballar en solitario moitas veces, pero tamén en equipo. Na nosa formación, a de Roberto e a miña, influíron moitas cousas que nos fixeron pensar o teatro como algo dinámico: discutimos moito sobre Brecht, coñecemos Marat-Sade, de Peter Weiss, a través dunha montaxe de Marsillach, vimos Yerma, con Núria Espert… Despois encargármonos tamén da programación da Caixa de Aforros, buscando sempre teatro con esa dimensión ética, espectadores activos, e espectáculos críticos.”