A
Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, dentro das actividades arredor do día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, organiza as I Xornadas De Rosalía de Castro a nós. Unha análise dos cambios impulsados polas mulleres galegas desde os tempos de Rosalía. Nelas, a través do pensamento e da obra rosaliana abordaranse moi diversos temas que afectan directamente ás mozas galegas a día de hoxe como a situación laboral, a violencia de xénero, a memoria histórica das mulleres ou a resposta ante as políticas regresivas por parte da Xunta de Galiza. As mesmas terán lugar os vindeiros 17, 18, 31 de marzo e 1, 2 de abril en Santiago de Compostela. Todas as sesións serán no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida de Xoan XXIII, s/n.) agás o día 2 de abril que serán na Libraría Couceiro, na Praza de Cervantes. Aquí pode ser consultada toda a información.
Arquivo da categoría: Encontros e Xornadas
Santiago: II Jornadas Galego-portuguesas de Ediçom Independente
Despois dunha semana de actividades no Porto, continúan na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela as II Jornadas Galego-portuguesas de Ediçom Independente organizadas por Estaleiro Editora, Corsárias, Gato Vadio, Casa Viva e Colectivo Hipátia. As mesas redondas vanse desenvolver de 14 a 17 de marzo, ás 19:00 h., e o venres 18 finalizarán cun recital poético-musical que se celebrará no Bar As Duas (Praza da Oliveira) ás 22:00 h. Aquí deixamos o programa: II Jornadas galego-portuguesas de ediçom independente 2011.
Cuenca: participación galega nas Xornadas Internacionais Investigar en Literatura Infantil y Juvenil
Varios
membros da Sección de Crítica Literaria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega asistirán ás Xornadas Internacionais Investigar en Literatura Infantil y Juvenil que se van celebrar en Cuenca, organizadas pola Universidad de Castilla La Mancha, o xoves 10 e venres 11 de marzo, co obxecto de expoñer o labor que se está a desenvolver en varios proxectos de investigación sobre Literatura Infantil e Xuvenil vinculados á Universidade de Santiago, e que dirixe Blanca-Ana Roig Rechou, quen forma parte do comité científico destas Xornadas, e tamén achegas a distintos aspectos específicos nos que estamos a investigar sobre a Literatura Infantil e Xuvenil galega. Máis en concreto, esta é a presenza galega:
Xoves 10:
– 17:15 h. Mónica Álvarez Pérez: Educación Literaria e Literatura Infantil e Xuvenil.
– 18:15 h. Geovana Gentili Santos: Cando dous clásicos se encontran: Charles Perrault (1628-1703) por Monteiro Lobato (1882-1948).
– 18:45 h. Isabel Mociño González: Estudo comparado da narrativa infantil de ciencia-ficción nas literaturas galega e portuguesa.
– 19:00 h. Xulio Pardo de Neyra: Vangardismo peninsular e revolución plástica: as literaturas infantís galega e portuguesa. Relacións e comparatismo baixo o canon literario.
Venres 11:
– 09:45 h. Blanca-Ana Roig: A rede LIJMI.
– 16:45 h. María del Carmen Ferreira Boo: O conto de transmisión oral na Literatura infantil e xuvenil galega (2000-2009): tipos de reescrita.
– 16:45 h. Eulalia Agrelo Costas: Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz.
– 17:00 h. Alba Alonso Feijoo: The New Millennium boy crisis.
– 17:15 h. Marta Neira Rodríguez: A muller na narrativa infantil e xuvenil sobre Guerra Civil Española no marco ibérico.
– 17:30 h. Mar Fernández Vázquez: Carlos Casares no campo/sistema da LIX galega.
– 18:00 h. Vanessa Regina Ferreira da Silva: Por dentro da arte: un estudo comparado de ‘Amigos secretos’ (1996), de Ana Mª Machado, e ‘A casa da luz’ (2002), de Xabier P. Docampo.
Burela: Os Encontros de BD da Mariña chegan á súa III edición
A industria cultural lusófona chega a Lugo
A Xunta lembra a modernidade e a vertente social da obra de Rosalía
Ferrol: Encontros Carvalho Calero no centenario do seu nacemento
O
venres 10 e sábado 11 de decembro, no 3º andar da Biblioteca Municipal de Ferrol, teñen lugar os Encontros Carvalho Calero, en conmemoración do seu centenario na súa cidade natal. O programa dos mesmos é o seguinte:
Venres 10
16:00-16:30 h. Recepción e entrega de material
16:30-17:30 h. Esbozo biográfico de Carvalho Calero. Relator: Martinho Montero Santalha, presentado por Mercedes Carbajales Iglesias.
17:30-18:00 h. Acto inaugural.
18:00-19:00 h. O ensaio lingüístico do profesor Carvalho Calero. Relatora: María Pilar García Negro, presentada por Pablo Santomé Soto.
19:00-20:00 h. A creación literaria do profesor Carvalho Calero. Relatora: Araceli Herrero Figueroa, presentada por Carmen Porta.
20:00 h. Actividades lúdico-culturais.
Sábado 11
09:30-10:30 h. Carvalho Calero na política galeguista. Relatora: Aurora Marco, presentada por Delia Vázquez.
10:30-11:30 h. O professor Carvalho Calero ao longe. Relatora: Maria do Carmo Henríquez Salido, presentada por Henrique Dacosta.
11:45-12:45 h. D. Ricardo, profesor na USC. Relator: José Luís Rodríguez, presentado por Bernardo Máiz.
12:45-14:30 h. Carvalho Calero e a innovación pedagóxica en Galiza. Presenta e modera: Adela Figueroa Panisse:
— Depuración e resistencia. A ‘Institución Libre de Enseñanza’ e a renovación pedagóxica en Galiza. Relator: Anxo Serafim Porto Ucha
— Fingoi, 60 anos de innovación pedagóxica. Relatores: Asunción (Siña) Fernández Puentes e Ramón Reimunde Noreña.
14:30 h. Clausura.
A inscrición é gratuíta, podéndose realizar online a través deste enlace ou no enderezo carvalhocalero.educación@ferrol.es. O número de prazas é limitado, por rigurosa orde de inscrición. Está organizada polo Concello de Ferrol: Educación, Cultura e Universidade, e colabora a Universidade de Vigo: Vicerreitoria de Extensión Universitaria (que acreditará a asistencia e participación nestes Encontros cun diploma de dez horas).
Un encontro internacional analizará o papel social e cultural das bibliotecas
Os especialistas avogan por crear unha marca unificada para o libro galego
Ponteceso: conferencia de Darío Xohán Cabana no Outono Pondaliano
O
martes 30 de novembro, a partir das 16:00 h., na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, proseguen as actividades do Outono Pondaliano, coa conferencia de Darío Xohán Cabana sobre De Pondal a Novoneyra. O programa completo pódese consultar aquí.