Arquivo da categoría: Ensaio
Vigo: Carlos Quiroga presenta Raízes de Pessoa na Galiza
Feira do Libro de Santiago: actividades destacadas do 5 e 6 de maio
O
domingo 6 de maio finaliza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o sábado e domingo:
Sábado 5
– 13:00 h. Cata poética. Duelo de viños: Rioja e Ribeira Sacra por Agranola, con poemas de Ramón Blanco Fernández.
– 19:00 h. Ánxela Gracián e Antonio Seijas asinan exemplares de Doce cartas a María Victoria Moreno, publicado por Hércules de Edicións, na caseta da Libraría Pedreira.
– 19:00 h. José Luis Casteleiro, Miguel García Seoane e Carlos Sardiña asinan exemplares de Galicia inmaterial, Galicia máxica, na caseta da Libraría Ler A Pobra.
– 20:00 h. Presentación de Amor por catro, de Helena Villar Janeiro, publicado por Galaxia. No acto, xunto á autora, participa Francisco Castro.
Domingo 6
– 12:00 h. Obradoiro express de escrita creativa, con Andrea Barreira. A partir de 11 anos.
– 18:00 h. Actuación infantil Cantares das Letras, de Rosalía a María Victoria Moreno, de Luís Vallecillo.
– 19:30 h. Palabras Vivas con Poesía en feminino. 20 poemas, de Ana Romaní, Esther Carrodeguas, Fátima Núñez, María do Cebreiro e Marilar Aleixandre.
Entrevista a Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey sobre a súa biografía de María Victoria Moreno
Desde
o Chamando á Terra da Radio Galega:
“Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey fálannos nunha entrevista do seu libro homenaxe á autora das Letras de 2018: María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. A entrevista pode escoitarse aquí.”
O investigador Carlos Quiroga presenta Raízes de Pessoa na Galiza
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“As conexións galegas de Fernando Pessoa: un tataravó de Outes e uns heterónimos de orixes galegas. Carlos Quiroga presenta Raízes de Pessoa na Galiza. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Feira do Libro de Santiago: actividades do sábado 28 e domingo 29 de abril
O
sábado 28 de abril comeza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o sábado e domingo:
Sábado 28
– 12:30 h. Pregón a cargo de Rosa Aneiros.
– 13:00 h. Inauguración da exposición Lorca & Galicia. A viaxe de 1916, por Alvarellos Editora.
– 19:30 h. Presentación de Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, de Carlos Babío e Manuel Pérez, publicado pola Fundación Galiza Sempre. Participan no acto Francisco Jorquera e Goretti Sanmartín.
Domingo 29
– 12:00 h. Xoán Babarro asina exemplares de O baúl de Domingo Quintas e Ana María Fernández e Enrique López de Ring… Ring! Quen rima? na caseta da Libraría Aenea.
– 20:30 h. Presentación de María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín. Participan os autores e Marta Neira.
Compostela: presentación á prensa de De Gres a Cádiz, de Xosé Neira Vilas
O
xoves 26 de abril, ás 12:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes), en Santiago de Compostela, preséntase á prensa De Gres a Cádiz, novo volume da Biblioteca Neira Vilas da Editorial Galaxia. Alí estarán Dolores Vilavedra e Luís Reimóndez, editores do libro, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.




