O
venres 9 de agosto, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Fornelos de Montes (Casa do Concello, Praza da Igrexa, 1), preséntase Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, publicado en Xerais. No acto, coorganizado polo Concello, a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe e Edicións Xerais, participan Ramón Nicolás, Xesús Alonso Montero, Emiliano Lage Rodríguez, Carme Carreiro, Modesto Hermida e Manuel Bragado.
Arquivo da categoría: Ensaio
A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o mércores 7
O
mércores 7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
Mércores 7
– 18:00 h. Presentación do libro O carballo, de Calros Silvar, publicado por Baía Edicións. O ilustrador explícanos como debuxar una árbore. Tamén participa no acto a editora Belén López Vázquez.
– 19:00 h. Presentación do libro Man, o alemán de Camelle, de Beatriz Maceda Abeleira, publicado por Galebook. Participan no acto a autora do libro e un representante da editorial.
– 19:00 h. Sinatura de libros de Manuel Portas na caseta de Libraría Pedreira.
– 20:00 h. Presentación do libro Faneca Brava, do escritor Manuel Portas, publicado por Xerais. Participan no acto Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor.
– 20:00 h. Antonio Seijas asina exemplares das súas obras na caseta da Libraría Nós.
– 21:00 h. Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o luns 5
O
luns 5 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
Luns 5
– 19:00 h. Máis Luzes para Galicia. Xornalismo e cultura en crise. Participan o escritor Manuel Rivas e o xornalista Xosé Manuel Pereiro. No acto presentarán o número cero da revista Luzes & República.
– 20:00 h. Sinatura de Manuel Rivas na caseta de información da feira.
– 20:00 h. Xosé Lois Ripalda firma na caseta de Librería Nós.
– 20:00 h. Presentación do libro Lambetadas de Larpeiros, de Merchi Rodal, publicada por Galaxia.
A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o sábado 3 e domingo 4
O
sábado 3 e domingo 4 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para eses días:
Sábado 3
– 12:00 h. Presentación do libro Nicomedes o pelado dos autores Pinto & Chinto, publicado por Kalandraka. Xunto cos autores, participará no acto o escritor e profesor Xosé Manuel González “Oli”.
– 13:00 h. Contacontos: O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por Nova Galicia Edicións.
– 18:30 h. O escritor, xornalista e académico Xosé Neira Vilas presenta os seus libros Cancela aberta, publicado por Xerais e Aquel neno, publicado por Embora. Xunto co autor, participarán na presentación os directores das editoriais, Manuel Bragado e Miguel Toval. Ao remate do acto o escritor asinará exemplares dos libros e do resto das súas obras.
– 19:00 h. Alberte Blanco Casal asina libros na caseta de Libraría Nóbel Universal.
– 19:00 h. Xosé María Lema Suárez asina exemplares de Costa do Solpor na caseta da Librería Nós.
– 20:00 h. Pedro Feijóo asina exemplares do seu libro Os fillos do mar na caseta da Libraría Nós.
– 20:00 h. Presentación do libro Raíz de fenda, de Berta Dávila, publicado por Xerais. Participan no acto Dores Tembrás, Manuel Bragado e a autora do libro.
– 21:00 h. Presentación do libro As pontes do ego sum, de José Manuel Ledo Santiso, publicado por Ir Indo.
Domingo 4
– 12:30 h. Rocío Leira asina na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
– 20:30 h. Presentación do libro A cociña dos Cunqueiro, publicado por Editorial Galaxia. Participan no acto César Cunqueiro, Miguel Vila e Víctor Freixanes.
A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o día 2
O
venres 2 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
Venres 2
– 13:00 h. Presentación do libro Depor Vida, dos xornalistas Rosabel Candal e Xerardo Porto, editado por Son Radiofusión e a Asociación de Amizade coa Radio Local. Participarán no acto os autores e Henrique Sanfiz, de Radiofusión.
– 18:00 h. Tucho Calvo asina libros na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
– 18:30 h. Francisco X. Fernández Naval asina na caseta de Librería Arenas.
– 19:00 h. Presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, publicado por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto Luís Ferreiro, Mercedes Queixas, Luís Ferreiro e Manuel Bragado.
– 20:00 h. Presentación do libro Bagoa de Lúa, de Sabela González, publicado por Galaxia. No acto participa, xunto á autora, Francisco Castro.
– 20:00 h. Luís García Soto asina na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
– 20:00 h. Firma de Antón Riveiro Coello na caseta de Libraría Pedreira.
– 21:00 h. A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria, con Chisco Fernández Naval, autor de A noite branca, publicado por Xerais, e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicado por Galaxia. O moderador será Xerardo Agrafoxo.
A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o día 1
O
xoves 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:
Xoves 1
– 12:30 h. Inauguración da Feira, con pregón a cargo de Yolanda Castaño.
– 13:30 h. Sinatura de libros de Yolanda Castaño e Xosé Tomás na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
– 18:30 h. Presentación do libro Cociñando coas razas autóctonas, de Rocío Garrido Caramés (receitas) e o Equipo Técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia – BOAGA.
– 19:00 h. Pilar García Negro asina na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
– 19:15 h. Presentación do libro O fillo de Maciste, do actor e autor Paco Campos, publicado por Edicións Galebook. Participan no acto o autor do libro e un representante da editorial.
– 20:00 h. O escritor Luís Rei Núñez presenta o seu libro Días que non foron, publicado por Xerais. Participan no acto Manuel Bragado e o autor.
– 20:00 h. Sinatura de libros de Bautista Álvarez na caseta de Libraría Pedreira.
– 21:00 h. Presentación do libro Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez, publicado por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto Pilar García Negro e Manuel Bragado.
Vila de Cruces: presentación de Mámoas de Oirós. Lendas possíveis
Estefanía Mosquera: “As SMS, as redes sociais ou os chats conforman novos xéneros textuais”
Entrevista
a Estefanía Mosquera en Praza e Sermos Galiza:
“Estefanía Mosquera Castro, licenciada en Filoloxía Galega, presenta o seu libro Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS o 25 de xullo no marco do Festigal. O libro é produto da súa tese na Universidade da Coruña. É tamén investigadora e estivo contratada para o proxecto de investigación Glosario crítico da poesía medieval galego-portuguesa. I. Cantigas de amor e cantigas de amigo entre o 2010 e 2011.
– Praza (P): Acabas de publicar o teu libro. É boa época para os escritores/as galegos?
– Estefanía Mosquera (EM): Estamos nunha época complexa en moitos sentidos e, como é obvio, o ámbito editorial tamén se está a ver afectado, sobre todo no contexto social e político en que nos achamos, onde a pesar da calidade literaria de moitos e moitas autores e autoras, seguimos sendo unha literatura minorizada en moitos aspectos. Mais coa tecnoloxía as dificultades para publicar redúcense de forma considerábel e as obras poden ser editadas, cando menos, en formato dixital. No meu caso tiven a sorte de contar tamén coa publicación en papel, e fiquei moi contenta co trato recibido pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
– P: Como xorde a idea do teu libro e tese Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS?
– EM: Pois xorde como resultado das investigacións para a miña tese de doutoramento Lingua e novos soportes comunicativos, no que analizo as características lingüísticas destes novos códigos que se utilizan na rede e trato de eliminar os falsos preconceptos que existen ao seu redor e de analizar a súa proxección social. Neste sentido, un dos ámbitos en que máis temores existen a este respecto é no do ensino, pois considérase que se trata de deturpacións lingüísticas que van acabar coa lingua estándar e que farán que o alumnado non asimile correctamente a variedade normativa. Así, con este traballo queríamos demostrar que as SMS, as redes sociais ou os chats e tamén as súas linguaxes conforman novos xéneros textuais, ao igual que a carta, e que por tanto son perfectamente válidos para traballarmos lingua e tamén literatura. De feito, este tipo de actividades achegan as aulas á rúa e a aprendizaxe formal á informal e deste modo o alumnado pode ver que as aulas de lingua tamén reflicte o que se fai coa lingua fóra delas. (…)
– Sermos Galiza (SG): Hai novelas que incorporan as sms como elemento dentro do relato. Agora mesmo vénseme á cabeza O coitelo de novembro, de Marilar Aleixandre. Coñece algunha que estea escrita integramente en linguaxe sms?
– EM: Si, este novo código aparece como soporte na trama argumental da novela do mesmo xeito que noutras se incluíron fragmentos de cartas. Na literatura anglófona e tamén aquí, en 2010, si que houbo un concurso de mensaxes de Nadal que debían estar redactadas como sms.
– SG: Esperta entón a nosa creatividade?
– EM: Si, permite opcións moi creativas. Hai tamén un escritor finlandés que redactou toda a súa novela coa linguaxe das sms [The last messages, de Hannu Luntiala] porque o contido do relato propiciaba o uso deste tipo de código. O argumento trata sobre un executivo das TIC quen renuncia ao seu traballo e se dedica a viaxar por varios países de Europa e da India mantendo o contacto cos achegados mediante mensaxes curtas de móbil. É moi atractiva para o leitor porque deixa ocos en branco que deben ser enchidos por el. (…)
Compostela: actividades literarias do 25 de xullo no Festigal 2013 (suspendido polo accidente de tren acaecido o mércores 24 de xullo)
Na
Galería das Letras do Festigal 2013, que se celebrará no Campus Universitario Sul de Santiago de Compostela, terán lugar as seguintes actividades literarias destacadas o xoves 25 de xullo:
– 16:00 h. Presentación do libro Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS, de Estefanía Mosquera Castro, publicado pola AS-PG.
– 16:30 h. Presentación do libro Diario de Lugo, Xosé Ramón Fernández e Oxea “Ben Cho Shey“, publicado pola Deputación de Lugo.
– 17:00 h. Presentación de Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez, publicado en Xerais. No acto participa, co autor, Pilar García Negro e Manuel Bragado.
– 17:30 h. Presentación de Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Antonio Mourelos e Victor F. Freixanes.
– 19:45 h. Presentación de Eu violei o lobo feroz, de Teresa Moure, publicado en Através Editora. Participa, xunto á autora, Rafa Vilar.
– 20:15 h. Presentación de Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira, publicado en Xerais, coa participación do autor e Manuel Bragado.
– 21:15 h. Presentación de Quem fala a minha língua?, publicado por Através, e que será presentado por Valentim R. Fagim e Gemma Fernández, con intervencións de Jairo Dorado e Carmen Alén, dous dos seus autores.
Rianxo: actos do xoves 25, venres 26 e sabado 27 na Feira do Libro
O
Concello de Rianxo organiza, xunto á Federación de Libreiros de Galicia e a Xunta, dentro dos actos do Verán Cultural 2013, unha Feira do Libro, que estará aberta de 11:00 a 14:00 h. e de 19:00 a 23:00 h. na Praza Castelao. Os actos literarios destacados para o xoves 25 e venres 26 son os seguintes:
Xoves 25
– 13:00 h. Dentro da inauguración, actuación poético-musical de María Lado e Lucía Aldao.
Venres 26
– 20:30 h. Casa do Concello. Xosé Neira Vilas presentan os seus libros Cancela aberta, publicado por Xerais, e Aquel neno, publicado en Embora.
– 21:30 h. Casa do Concello. A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria, con Chisco Fernández Naval, autor de A noite branca, publicado por Edicións Xerais de Galicia, e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicado pola Editorial Galaxia. O moderador será Xerardo Agrafoxo.
Sábado 27
– 13:00 h. Casa do Concello. Presentación de Ninguén lembra, de Vanesa Santiago, publicada por Urco editora.
