O sábado 5 de febreiro, a partir das 12:00 h., no Kiosco Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez) da Coruña, terá lugar o acto de homenaxe a Castelao, no 125 aniversario do seu nacemento, que forma parte das celebracións organizadas pola Federación de Asociacións Culturais de Galiza, Galiza Cultura, que, desde o 30 de xaneiro, está a se desenvolver polas principais vilas e cidades do país. Na Coruña, constará das seguintes intervencións:
– Colocación da lona conmemorativa do 125 aniversario do nacemento de Castelao.
– Intervencion de María Xosé Bravo, concelleira de Cultura da Coruña.
– Intervención, no nome de Galiza Cultura, de Roberto Catoira, presidente da entidade promotora da homenaxe na cidade, a A. C. Alexandre Bóveda.
– Lectura de textos de Castelao referidos á lingua galega a cargo de Xoán Carlos Mexuto.
Arquivo da categoría: Homenaxes
Homenaxes a Castelao no 125 aniversario do seu nacemento
O
domingo 30 de xaneiro conmemórase o 125 aniversario do nacemento de Castelao. Con tal motivo a Federación de Asociacións Culturais de Galiza, Galiza Cultura, organiza en colaboración coas entidades federadas, unha serie de homenaxes co obxectivo de facer visíbel esta grande figura, exemplo de compromiso co noso país:
– O domingo 30 de xaneiro, na Praza do Toural de Santiago, a partir das 13:30 h., desprégase a faixa conmemorativa desde o balcón do Pazo de Bendaña, con leitura de textos de Castelao e a actuación do cantor compostelano Pepe Constenla. O acto está organizado pola A. C. O Galo, coa colaboración da Concellaría de Cultura de Santiago.
– Ese mesmo día, na Praza do Conde de Fontao de Foz, a partir das 13:00 h., haberá unha leitura de textos do autor rianxeiro e a actuación do grupo A Subela.
– Mentres, ás 17:00 h., na Praza do Concello da Estrada, producirase o despregamento da faixa conmemorativa e leitura pública de textos de Castelao.
Esta nova aparece recollida tamén en Galicia Hoxe. Crónica posterior na mesma Galicia Hoxe.
A Coruña: entrega de O Facho de Ouro a Bernardino Graña
O
sábado 29 de xaneiro terá lugar a entrega do Facho de Ouro, concedido pola Directiva da Agrupaçom Cultural O Facho a Bernardino Graña Villar, como testemuña e recoñecimento á súa longa traxectoria na defensa da dignidade e da cultura do País. O acto cívico será acompañado dunha cea homenaxe que se celebrará ás 21:00 horas no Hotel Riazor da Coruña. O prezo por persoa é de 30 euros, podendo facerse as reservas nos teléfonos 981.269.663 (tardes) e 698.147.851, ou ben no correo electrónico lobezan@yahoo.es.
Santiago: Memoria das Memorias dun neno labrego, de Cándido Pazó, coa presenza de Xosé Neira Vilas
O 28 de xaneiro, a partir das 20:30 h., no Salón Teatro de Santiago, estréase o espectáculo de Cándido Pazó Memoria das Memorias dun neno labrego, sobre a obra de Xosé Neira Vilas, quen subirá ao estrado para recibir a merecida e calurosa homenaxe do público.
Santiago: presentación da nova edición de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas
O
mércores 26 de xaneiro, ás 20:00 h., no Centro Social Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, 17) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da nova edición de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, acto co que o Concello da cidade e a Editorial Galaxia conmemoran o 50 aniversario da publicación desta obra. No acto participan Guadalupe Rodríguez Silva, Víctor F. Freixanes e o propio autor, contando tamén coa presenza do actor e director Cándido Pazó, quen fará un breve apuntamento escénico sobre o seu espectáculo baseado no libro, que se estreará no Salón Teatro de Santiago o 28 de xaneiro ás 20:30 h., onde permanecerá durante tres días. Aquí se pode descargar a presentación do espectáculo: Dossier Memoria das Memorias dun neno labrego. Crónica posterior en Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.
Galiza Cultura homenaxeará en varias cidades a Castelao
(Xornal)
2011. Ano Xoán Manuel Pintos
Fervenzas Literarias. Máis información en Xornal, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, La Opinión e El País.
A Real Academia Galega homenaxea a X. M. Pintos
Homenaxe a Andrés Torres Queiruga en Aguiño
Vigo: homenaxe a Francisco Fernández del Riego
O
venres 14 de xaneiro, ás 19:30 h, na sala de conferencias do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 24-26) de Vigo, terá lugar unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, organizada pola Fundación Penzol e a Editorial Galaxia. Participarán na homenaxe, para a que se están a recibir numerosas adhesións, Ramón Villares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado, os académicos Xosé Luís Franco Grande e Xesús Alonso Montero, a filóloga e investigadora Malores Villanueva, Marián Vidal, directora técnica da biblioteca e arquivo Penzol, Benxamín Casal e Alfonso Zulueta de Haz (vicepresidente da Fundación Penzol). Antón Pulido entregaralle á Fundación Penzol unha copia do retrato de don Paco que no seu día o pintor realizou para a Real Academia Galega. Tamén se proxectará un vídeo de carácter biográfico realizado por Félix Vidal, mentres que Rosa Aneiros, premio de xornalismo Fernández del Riego, escribiu Unha Alba de Gloria para Fernández del Riego. O acto estará conducido por Víctor Freixanes. Crónica posterior en Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.
