Arquivo da categoría: Homenaxes
Vigo: inauguración de escultura en homenaxe a María Xosé Queizán
O
martes 7 de novembro, ás 18:00 horas, no Parque María Xosé Queizán de Vigo, inaugúrase unha escultura en homenaxe á escritora. A obra, de Juan Salgueiro, titúlase Fulgor e inclúe un texto da propia autora.
Betanzos: recital de poesía en homenaxe a Paco Souto
Malpica: actos arredor do XII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, en homenaxe a Paco Souto
Adeus, Xohana, por Marta Dacosta
Artigo
de Marta Dacosta en Faro de Vigo:
“Chaman por teléfono e comunican que faleceches. Pídenme unhas liñas. E eu volvo á memoria da nena que fun e tirou do andel aquel Adios, María co que gañaras o premio “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires. Foi unha sorpresa e un revulsivo. Unha autora que ninguén agardaba, unha historia protagonizada por unha nena que non aceptaba a realidade da emigración dos seus pais. O tempo pasou dende entón. Véxoo nas manchas de humidade das páxinas desta primeira edición feita en Arxentina e distribuída por Edicións Castrelos. Foi en 1971.
Quince anos despois, atópote nos diálogos da peza teatral Á outra banda do Iberr e nos poemas de Do sulco, os libros de lectura obrigada na Facultade que non conseguiamos (foran editados en 1965 e 1957 respectivamente) e tivemos que fotocopiar da biblioteca.
Mais foi con Tempo de ría, o teu poemario publicado en 1992, co que te botarías definitivamente ao mar dos nosos ollos, prendidos xa para sempre na lectura dos teus versos. Porque nosoutras, coma ti, tamén navegar, que a maxia existe e pode ser de todas.
O teu “Penélope” acabou sendo bandeira do tempo da poesía en feminino. E compartimos xeración, a xeración das mulleres que, desde entón, falamos coa nosa propia voz. Porque nosoutras que te lemos, sentimos que non nos afasta nin a idade, nin o espazo, que compartimos a camaradería das palabras e as arelas, que chegou o tempo de rachar os velos e mostrarnos.
A túa sinatura no libro mostra como eras exactamente, sinxela, discreta, optimista e aberta como os teus “as” sen pechar subindo unha liña imaxinaria. Debes saber que tivemos fame da túa presenza, a pesar de saber e respectar a túa decisión de non te prodigar en público.
Querida Xohana, a túa partida déixanos orfas.”
Pontedeume: recital poético en homenaxe a Ramiro Fonte
Terra Cha: “Memoria da Chaira Enteira”. Cabodano de Manuel María
Terra Chá: 8 de setembro: “Memoria da Chaira Enteira”. Cabodano de Manuel María
O Barqueiro: VII Xornadas Memoria dun tempo
Teo: V aniversario de Avelino Pousa Antelo
O
domingo 20 de agosto, ás 12:00 horas, na Casa do Concello de Teo, terán lugar os actos do V aniversario de Avelino Pousa Antelo.
PROGRAMA:
I. Casa do Concello de Teo.
* Benvida pola Concelleira de Cultura, Pilar Faxil.
* Saúda do Representante da A. C. Xermolos, Irmandade Manuel María e Irmandade Avelino Pousa, Alfonso Blanco Torrado.
* Intervención musical de Mini e Mero.
* Lectura da acta de concesión do Premio O Caxato de Avelino á familia de Valentín Arias.
* Intervén o Mantedor do Acto: Arlindo López Arias.
* Entrega do Premio por parte de Mini e Mero.
* Intervención da familia de Valentín Arias.
* Actuación musical de Mini e Mero.
* Intervención da familia de Avelino Pousa.
* Intervención Peche do Acto polo Alcalde de Teo, Rafael Sisto.
II. Xardín/Paseo Avelino Pousa, na Urbanización Os Verxeis.
* Actuación musical.
* Intervención en representación da A. C. Xermolos, Irmandade Manuel María e Irmandade Avelino Pousa, de Xosé Quintas Canella.
* Intervención familia de Avelino Pousa.
* Ofrenda floral a Avelino Pousa.
Estase programando un xantar e iso depende de quen se apunte. As persoas interesadas deben avisar en erdao@hotmail.com ou no teléfono 636032750.








