Entrevista
a Marcos Calveiro en Radiofusión:
“Puntual chegou o escritor Marcos Calveiro ao colexio Centieiras de Fene a mañá do luns 4 de abril. Ás nove xa estaba proxectando na pantalla da biblioteca do centro, a portada do seu libro Unha casiña branca. Propoñíase falar aos alumnos e alumnas do “lixo” porque diso trata a obra, duns nenos que viven nun vertedoiro. A de Marcos Calveiro é a terceira visita dun escritor ao colexio Centieiras, onde pretenden que exista unha interlocución entre autores e lectores. (…)
O escritor Marcos Calveiro visitaba o centro fenés coa pretensión de demostrar aos pequenos e pequenas de 8 a 10 anos que os autores das obras que len ” estamos vivos”. El expón o que quixo contar na historia e logo escoita o que os rapaces entenderon ou sentiron con ela, nunha aprendizaxe de ida e volta. (…)
A entrevista pode escoitarse aquí.”
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Pontevedra: actos destacados do sábado 9 e domingo 10 na Feira do Libro
O
domingo 10 de abril finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para esa fin de semana:
Sábado 9
– 19:00 h. Jorge Rodrigues asinará exemplares de Frouma de Ruivéns, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
– 19:30 h. Espectáculo musical O Bigote de Mimí, de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo de Manuel María, publicado pola Casa Museo Manuel María.
– 20:00 h. Buenaventura Aparicio Casado presenta o seu libro A pedra do cervo, publicado por Edicións do Cumio.
Vigo: presentación de Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas
O
venres 8 de abril, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas e ilustrado por Víctor Rivas, publicado por Xerais. No acto, xunto á autora e ao ilustrador, participa Manuel Bragado.
Compostela: presentación de Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada, de Carlos Labraña
Pontevedra: actos destacados do xoves 7 na Feira do Libro
O
xoves 7 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:
– 18:00 h. Presentación dos libros infantís O Mago de Oz e Drácula, traducidos por Tamara Aymerich, publicados por Baía Edicións.
– 19:00 h. Presentación do libro A horta sen químicos, de Xan Pouliquen, publicado por Baía Edicións.
– 19:00 h. Tamara Andrés asinará exemplares da súa obra na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Presentación de Liquidación de existencias, de Ramón Caride, publicado en Xerais. Acompañarán ao autor Xesús Constela e Manuel Bragado.
Pontevedra: actos destacados do martes 5 e mércores 6 na Feira do Libro
O
martes 5 de abril comeza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:
Martes 5:
– 19:00 h. Pregón a cargo de Alberto Fortes, quen ao remate asinará exemplares de O dobrón de a oito, publicado por Xerais.
Mércores 6:
– 18:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz.
– 19:00 h. Presentación de Tempo de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, publicado por Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.
– 20:00 h. Presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, publicado por Xerais, en edición de Anxo Angueira. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
Taboleiro do libro galego XLII (marzo de 2016), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Unha nova entrega do Taboleiro do libro galego. Grazas, nesta ocasión, ás trece librarías colaboradoras: Andel, Casa do Libro, Libros para Soñar, Cartabón e Librouro de Vigo; Miranda de Bueu; Biblos de Betanzos; Trama de Lugo; Suévia e Moito Conto da Coruña; Pedreira e Lila de Lilith de Compostela e, finalmente, Cronopios (Santiago e Pontevedra).
NARRATIVA
1º-. Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, Galaxia.
2º-. Manuel Rivas, O último día de Terranova, Xerais.
3º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais.
4º-. Antón Riveiro Coello, Os elefantes de Sokúrov, Galaxia.
5º-. Manuel Portas, Lourenço, Xograr, Galaxia.
6º-. Alberto Fortes, O dobrón de a oito, Xerais.
7º-. Marcos Calveiro, Fontán, Galaxia.
8º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais.
9º-. Pedro Feijoo, Morena, perigosa e románica, Xerais.
10º-. Manuel Iglesias Turnes, Que non te aten, Xerais.
POESÍA
1º-. María do Cebreiro, O deserto, Apiario.
2º-. Rosalía de Castro, Follas novas, Xerais (edición de Anxo Angueira).
3º-. Ismael Ramos, Os fillos da fame, Xerais.
4º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
5º-. Manuel María, Terra Chá, Fundación Manuel María.
6º-. VV.AA., Dez anos na Porta, A porta verde do sétimo andar.
7º-. Manuel María, Antoloxía poética, Galaxia.
8º-. Paco Souto, e Caín, Laiovento.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Mercedes Queixas, Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, Galaxia.
2º-. Jorge Mira, María Canosa, Dani Padrón, ¿A que altura está o ceo?, Alvarellos.
3º-. Manuel Veiga, Manuel María buscando un país, Xerais.
4º-. Mercedes Queixas, De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, Xerais.
5º-. Carlos L. Bernárdez, Un pintor que sabía o que facía, Laiovento.
XUVENIL
1º-. Andrea Maceiras, Europa Express, Xerais.
2º-. Carlos Meixide, Ons, autoedición.
3º-. Antonio Manuel Fraga, Tártarus, Xerais.
4º-. Agustín Fernández Paz, A neve interminable, Xerais.
5º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.
INFANTIL
1º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Estíbaliz Espinosa, Caer de cu polo universo, Apiario.
4º-. Érica Esmorís, Nena e o mar, Xerais.
5º-. Mariana Ruiz, A viaxe de mamá, Kalandraka.
LIBROS CD-DVD
1º-. Uxía, Uxía canta a Manuel María, Casa-Museo Manuel María.
2º-. Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
3º-. Margarita Ledo, Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra, Nós Produtora Cinematográfica Galega.
4º-. Pirilampo, Teatro de Guiñol, Galaxia.
5º-. As Maimiñas, Unha viaxe polo mundo, Galaxia.
BANDA DESEÑADA
1º-. René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de Xavier Senín e Isabel Soto), O papiro do César, Xerais.
2º-. Luís Davila, O bichero V, Edición do autor.
3º-. Jacobo Fernández Serrano, Marcopola 3, Xerais.”
Pontevedra: actividades destacadas do Salón do Libro para o venres 1
O
venres 1 de abril comeza o Salón do Libro de Pontevedra 2016, que se celebra no Pazo da Cultura, cos seguintes horarios: de luns a venres, de 17:00 a 20:00 h., e sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. O propio venres 1 terán lugar os seguintes actos destacados dentro do seu programa:
– 18:00 h., no Auditorio do Pazo da Cultura: As Peripecias de Extravaganzza Pérez, Conto musicado. Con María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz. Espectáculo feito especialmente para o Salón baseado no libro homónimo de Ledicia Costas. A partir de 4 anos. Entrada libre ata completar cabida.
– 19:00 h.. Obradoiro: Extravaganzza en Pontevedra, impartido por Anxo Fariña. A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida.
Compostela: XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, Contos para despois da chuvia
Ledicia Costas no Salón do Libro de Pontevedra
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Ledicia Costas escribiu o libro As peripecias de Extravaganza Pérez, con ilustracións de Óscar Villán, especialmente para a ocasión. A entrevista pode verse aquí.”


