Agustín Fernández Paz e Miguelanxo Prado, candidatos ao Premio Astrid Lindgren

DesdeAgustín Fernández Paz Sermos Galiza:
“Dous dos mellores representantes da factoría cultural galega figuran entre os candidatos ao Premio Astrid Lindgren de literatura infantil e xuvenil.
Hai 215 candidatos de 59 países, segundo anunciou onte o Goberno sueco na Feira do Libro de Frankfurt. Entre os que optan ao premio tamén se encontran a autora portuguesa Maria Teresa Maia, a ilustradora vasca Elena Odriozola ou o escritor catalán Jordi Sierra i Fabra.
O Premio Astrid Lindgren Memorial está organizado polo Goberno sueco para recoñecer a traxectoria de Astrid Lindgren, creadora de Pippi Langstrump. Outórgase anualmente un autor/a de literatura infantil e xuvenil, un ilustrador/a ou un promotor da lectura en calquera país. É un dos principais premios a nivel mundial da literatura para nenos/as e mozos/as.
Tanto Fernández Paz como Miguelanxo Prado teñen un extenso historial de premios no seu haber, tanto nacionais como internacionais. (…)”

Compostela: presentación de Vic e Bombona, de Sara Barreiro

OSara Barreiro Vic e Bombona luns 19 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase Vic e Bombona, de Sara Barreiro, publicada en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Eva Millán e o Francisco Castro.

Ledicia Costas: “Quería escribir unha historia que a min me emocionase para intentar emocionar o lectorado”

DesdeLedicia Costas Xerais:
“Radiofusión emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.
A entrevista en audio pode escoitarse ou descargarse neste enlace.”

Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral a actualidade, con Antón Cortizas e Antonio Reigosa

Abannerciclolixourense Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral a actualidade, que se desenvolve do 19 de outubro de 2015 ao 9 de novembro de 2015, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Terá lugar na Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades, Campus de Ourense (como chegar).

Todas as sesións serán ás 17:00 horas, e con entrada libre.

Información e coordinación: Isabel Mociño González, imocino@uvigo.es

19 de outubro
Inauguración: A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero.
Antón Cortizas (mestre e escritor).
Antonio Reigosa (escritor e estudoso da tradición oral). Sigue lendo

Ledicia Costas: “O Premio Nacional é un recoñecemento á miña obra, pero tamén á literatura nunha lingua minorizada que se abre paso”

EntrevistaLedicia Costas a Ledicia Costas na Real Academia Galega:
“(…) – Real Academia Galega (RAG): A novela [Escarlatina. A cociñeira defunta] trata o tema da morte, mais con humor e combinándoo coa cociña. Que tal mesturan?
– Ledicia Costas (LC): En Galicia temos unha tradición importantísima tanto arredor do mundo da morte como arredor da cociña. A miña intención era xuntar ambos os dous elementos e sempre dende o humor, o humor macabro. Ao principio parecíame unha obra arriscada, nunca tes moi claro se vas conseguir conquistar o público ou non. Pero o tema emocionoume e sempre procuro esa premisa: escribir sobre cousas que a min me emocionen para conseguir emocionar os demais. Se o consegues, é fabuloso.
– RAG: E que é o que máis a emociona cando coñece nos centros de ensino e nas librarías os seus lectores e lectoras?
– LC: O realmente emocionante durante todo o pasado curso, no que visitei máis de cen centros de ensino, foi chegar a unha biblioteca e atopar mesas cheas de larpeiradas “É fantástico crear unha comunidade lectora, contaxiar a rapazada para que no futuro siga sendo lectora na nosa lingua” que a rapazada elaborara a partir das receitas do libro. Con el creouse un dobre entusiasmo: primeiro gastronómico e logo pola obra. Iso é fantástico, crear unha comunidade lectora, e contaxialos para que os rapaces e rapazas sigan no futuro sendo lectores na nosa lingua.
– RAG: Na nosa tradición e na nosa literatura, como dicía, está ben presente o tema da morte. Pero vostede tamén se confesa seguidora do cine de Tim Burton. A Escarlatina debuxada por Víctor Rivas para o libro lembra, de feito, algo á Noiva cadáver.
– LC: Si, aquí o primeiro referente que temos da morte é Castelao, Un ollo de vidro. E logo nesta obra hai moitos referentes infantís meus. Está, un pouco disfrazado, Miyazaki, que é xunto con Tim Burton o meu director de cine; están as series que eu mamei de pequena, como As bólas do dragón, está Roald Dahl… Está todo aí, o universo infantil que eu atopei e que quixen poñer nesta obras. (…)
– RAG: Vostede pertence a unha xeración que xa puido ler na infancia máis en galego, tanto obras propias como traducións. Que importancia tivo iso no seu caso?
– LC: Eu fun escolarizada en galego, con toda a normalidade. Fun unha rapaza que falaba castelán e que se pasou ao galego grazas a como se trataba o galego na escola e ás lecturas. Agora son escritora en lingua galega, e creo que todo iso llo debo a esa xeración que sentou as bases. (…)”