Arquivo da categoría: Lectura
Compostela: sesión do Club de lectura feminista A Sega e Lila de Lilith arredor de Flores de ferro, de María Rei Vilas
Lugo: Polavila Xabier P. DoCampo. Na memoria, o 3 de abril
A Polavila DoCampo é unha homenaxe pública e itinerante ao mestre e escritor Xabier P. DoCampo, que terá lugar cada ano nunha provincia e cidade distinta, por volta do 5 de abril, coincidindo coa data do seu nacemento.
Este ano ten lugar a segunda edición, que se vai celebrar o 3 de abril no Pazo de San Marcos. Deputación de Lugo, na cidade de Lugo.
O Programa previsto é o seguinte:
– 19:00-19:15 horas. Apertura da Polavila nos xardíns (no caso de choiva, na Sala de exposicións do Pazo).
– 19:15-19:45 horas: Lectura pública e continuada de textos de Xabier P. DoCampo, en especial da novela A nena do abrigo de astracán, a cargo das súas amizades, nos xardíns (no caso de choiva, na Sala de exposicións do Pazo).
– 20:00- 22.00 horas: Gala Polavila DoCampo 2025, no salón de actos da Deputación de Lugo.
Conducida por Lois Pérez e Antonio Reigosa.
Contará coa presenza de Pepe Coira e Paco Martín.
Escoitaranse os poemas de Mans na voz de Daniel Puente Bello, ao que seguirán as voces das poetas Beatriz Dourado, Marica Campo e Xosé Miranda.
Rematará a gala cunha rolda de contos de Ana Carreira, Celso Sanmartín e Benxamín Otero.
A música correrá a cargo da cantora Xiana Lastra, acompañada doutra integrante d’A banda da Loba e Benxamín Otero.
Organizan a Iniciativa Polavila Docampo, a Deputación de Lugo e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración de da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e ProLingua.
Ferrol: Isabel Rei apresenta Galizan Nation
Compostela: Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia XV. A lectura inclusiva
Compostela: sesión do clube de leitura Avante LGBT+ arredor de Vidas e historias LGBT da Idade Media, de Carlos Callón
Maceda. Homenaxe a Francisco Carballo. Centenario do seu nacemento, 15 de marzo de 2025
A Coruña: Gosto de vivir a poesía. Recital de poemas de Luz Fandiño
Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2025 na Coruña
Estas son algunhas das fotografías do acto na Coruña do Día de Rosalía de Castro 2025, que tivo lugar o domingo 23 de febreiro, en colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.



















