Arquivo da categoría: Música
Ourense: Pendanca e oso, con María Lado e Lucía Aldao
O
martes 27 de decembro, ás 21:30 horas, no Café Cultural Auriense (Praza do Correxedor, 11), en Ourense, María Lado e Lucía Aldao protagonizan o recital de poesía, humor e música Pendanca e oso, unha fábula aldaolado sobre o amor. O prezo da entrada é de 5 euros.
Compostela: Sempre en Ibiza, con Aldaolado
Ramil (Agolada): Solsticio de inverno na Eira da Xoana, 2016
(Eira da Xoana, como chegar).
Pontevedra: presentación de libros e recital de Aldao & Lado, organizado por Implicadas no Desenvolvemento
Compostela: presentación de No seu despregar
O
sábado 17 de decembro, ás 12:00 horas, en Hervorefervor Bar (Praciña das Penas, 2), en Santiago de Compostela, preséntase a antoloxía No seu despregar, editada por Apiario. No acto intervirán as coordinadoras do proxecto, Dores Tembrás e Antía Otero (Apiario), e escoitaranse textos de vari*s autor*s presentes na antoloxía da man de: Antón Blanco, Afra Torrado, Rosalía Fernández Rial, Ismael Ramos, Celia Parra, María Vilas, Tamara Andrés, Paula Antía Rey, Helena Salgueiro, Jesús Castro, Noelia Gómez e Alba Cid. A sesión vermú estará acompañada pola selección musical de Madreselva djs.
Dodro: entrega do XXIX Premio Eusebio Lorenzo Baleirón a Ramón Blanco e presentación de Fornelos&Fornelos. Segunda fundación, de Xerardo Quintiá
Sada: recital Vou pola Ponte Ledesma, de Isaac Xubín
Adeus Ano Castelao, adeus Ano Manuel María
Des
de
Sermos Galiza:
“(…) Nesta semana coinciden os dous actos de peche destas celebracións. O 15 de decembro no Teatro Colón da Coruña e o 18 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A música amorosa das palabras é o título do concerto de Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández que porá o ramo o vindeiro xoves día 15 de decembro ás 20:00 horas á conmemoración do Ano Manuel Maria por parte da Casa-Museo Manuel Maria, co apoio da Deputación da Coruña. No concerto interpretaranse 20 pezas, desde as máis emblemáticas como “O carro” ou “Manual para deprender a Señorito” até outras que farán un percorrido pola obra do poeta, desde as composicións máis íntimas até as máis comprometidas, pasando por algunhas irónicas. Ademais, tamén servirá de presentación da segunda edición do traballo en que Uxía canta a Manuel María que sae cun novo formato con 52 poemas, un para cada semana do ano.
“Para nós o traballo de difusión da súa obra non vai rematar en 2016 mais quixemos poñer un broche a este intensísimo ano cun acto que pensamos tamén como recoñecemento a tantas persoas que se implicaron na difusión da obra de Manuel María, un recoñecemento para entidades culturais, viciñais ou deportivas, bibliotecas públicas, centros de ensino e profesorado, xente do teatro que puxo en escena nove pezas súas, grupos musicais que fixeron cancións dos seus poemas e tantísimas persoas que contribuíron de forma decisiva para que a sociedade perciba a Manuel María como intérprete dos soños colectivos de galegos e galegas”, sinalou Alberte Ansede, da Fundación Manuel María.
Alberte Ansede destacou a relevancia de xuntar no mesmo concerto os nomes de Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández e anunciou que o acto servirá tamén para a presentación da segunda edición do traballo en que Uxía canta a Manuel María que sae cun novo e orixinal formato con 52 poemas, un para cada semana do ano.
A Gala Ano Castelao, que terá lugar o domingo 18 de decembro ás 18:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, reúne teatro, música e humor gráfico nun espectáculo multidisplinar para adultos.
Estará presentada pola actriz Bea Campos e contará coa presenza do humorista Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila, cun espectáculo adaptado de humor gráfico, con Xurxo Souto, Lydia Botana e 2naFronteira na parte musical, e con pezas teatrais que correrán a cargo de Celso Parada e de Limiar Teatro.
A entrada é de balde pero é necesario retirar ou reservar os convites con antelación.”
Gondomar: entrega do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo a Xosé Iglesias
Desde
o IEM:
“O xurado do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, acordou concederlle o galardón ao poeta de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar. Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un grande etcétera que o autor aproveita habilmente rebordando a súa intención didáctica e presentándonos, a través de imaxes ricas e suxestivas, un proxecto de vida na que cicela a súa propia identidade. Versos con recendo a marusía que evidencian coñecemento profundo e vivencia delongada do mundo mariño nesta “homenaxe á fe infinita que teñen os nosos mariñeiros por este anaco de océano. Unha fe a se representar en distintos rituais que van converxendo ao longo da costa e do tempo”, en palabras do autor. O premio está dotado con 3000€ e unha peza escultórica da autoría de Fino Lorenzo. O acto de entrega, conducido por Marta Dacosta, terá lugar o próximo sábado día 10 de decembro ás 19:30 horas no auditorio municipal Lois Tobío, co seguinte programa:
– A banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, abre o acto.
– Marta Dacosta fai unha breve lembranza da figura de Victoriano Taibo e recorda tamén a recente publicación da súa obra inédita Contos pequenos.
– O CEP Neira Vilas, de Peitieiros, interpreta dous destes contos.
– Xosé Lois Vilar fará un breve comentario sobre o libro premiado.
– O autor recibe o galardón da man do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e recita algúns poemas da súa obra.
– Actuación da banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns.
– Despois da quenda de agradecementos clausurará o acto o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
– Á saída, no vestíbulo, estará agardando un albaroque de confraternización durante o cal o autor asinará libros para quen o desexe.”




