Arquivo da categoría: Música
O Couto, Ponteceso: conferencia de Manuel Rivas, A raposa e a mestra
O
mércores 26 de novembro, ás 18:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso), Manuel Rivas pronunciará a conferencia A raposa e a mestra, co acompañamento musical a cargo de Cé Pantasma, dentro dos actos organizados no XIX Simposio Pondaliano.
A Coruña: recital poético contra a violencia de xénero, con Estíbaliz Espinosa, Ana Romaní e a música de Vera Pavlova
Arteixo: Cuadrante de sombras, recital con poesía e música
O
sábado 22 de novembro, ás 21:00 horas, na Taberna-Café-Museo A Baiuca (Travesía de Arteixo, 213, frente ao concello) de Arteixo, terá lugar Cuadrante de sombras, un acto presentado por Paco Souto onde acompañarán poeticamente o Transfusión oceánica de Xosé Iglesias (publicado pola A. C. Caldeirón), Xosé Abeledo, Iolanda Aldrei, María José Fernández López, Alfredo Ferreiro, Modesto Fraga, Xurxo Gago, Mercedes Leobalde, Tati Mancebo, Miguel Mato, Juan Alberto Moure, Serafín Mourelle, Rodrigo Osorio, Marité Prieto, Mercedes Queixas, Teresa Ramiro, Viki Rivadulla, X. H. Rivadulla Corcón, Paco de Tano e Ramiro Torres. Tamén participará musicalmente Bieito Romero e amigos músicos.
Chapela, Redondela: entrega do Premio de Novela Blanco Amor a Fran P. Lorenzo
Compostela: encontro artístico diverso Vozes contra a violência
O
sábado 22 de novembro, ás 22:00 horas, no Pub Ultramarinos (Casas Reais, 34), en Santiago de Compostela, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza e o Pub Ultramarinos organizan un novo encontro de voces poéticas, musicais e artísticas en xeral, arredor do Día Internacional contra a violencia machista. Participan, entre outras persoas, 2naFronteira, Alejandro Nuricumbo, Miguel Alonso, Luz Fandiño, Alexandre Brea, Teresa Moure, Cruz Martínez, Xurxo Nóvoa Martins, José Goris, Dores Asorei e Concha Rousia.






