Arquivo da categoría: Música
Santiago e Vigo: Tristecentos versos, o 16 e 18 de maio
Euskadi: conferencias de Cilha Lourenço Módia sobre Roberto Vidal Bolaño
Lugo: comeza a Feira do Libro
O
martes 14 de maio bota a andar a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados nestes dous días:
Martes 14
– 19:00 h. Inauguración da feira. Actuación dos alumnos do Conservatorio de Música de Lugo. Intervencións institucionais. Dentro da programación inaugural, actuación de María Lado e Lucía Aldao, co seu espectáculo de poesía, historias e música Con dez poemas por barba.
– 20:00 h. Urdime Teatro representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
Mércores 15
– 19:00 h. Presentación do libro Feminismos, da escritora María Reimóndez, publicado por Edicións Xerais. Xunto coa autora do libro, participará no acto Encarna Otero. Ao remate da presentación, a escritora asinará exemplares da súa obra na caseta da Libraría Trama.
– 20:00 h. Coloquio con humor: Contos das 3.651 noites. Divertidos relatos a cargo de Lois Pérez.
Lóuzara: XIII Roteiro Fiz Vergara Vilariño, o 26 de maio
Betanzos: recital poético e musical na Libraría Carricanta
O
mércores 15 de maio, ás 20:30 horas, na Libraría Carricanta (Rúa Doutor José Fariña, 1) de Betanzos, terá lugar un recital coas intervencións poéticas de Pedro Casteleiro, François Davo, Eduardo Estévez, Tati Mancebo, Luís Mazás e Ramiro Torres, en diálogo coa música en directo de César Morán.








