O
venres 10 de febreiro, ás 18:30 horas, na Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto (Rúa Curros Enríquez) da Coruña, preséntase o libro disco A caza do ghazafello, publicado en Xerais, nun acto coorganizado pola editora e a Libraría Sisargas.
Arquivo da categoría: Música
As Pontes: concerto comentado de Haberá primavera, por César Morán
O
venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa Dopeso (Rosalía de Castro, 28), As Pontes, terá lugar un concerto comentado do libro-disco Haberá primavera, de César Morán, publicado en Galaxia, baseado en poemas de Álvaro Cunqueiro. No acto o autor estará acompañado por Afonso Morán (contrabaixo) e Roberto Somoza (saxo).
A Coruña: espectáculo poético-musical O sexto sentido, do Grupo Ouriol
O
mércores 1 de febreiro, ás 21:30 e 22:30 horas, no Pub Jazz Filloa (Rúa Cega) da Coruña, terá lugar o espectáculo poético-musical O sexto sentido, a cargo do Grupo Ouriol (Bernardo Martínez, Fito Ares e Eva Veiga) con poemas de Juan Eduardo Cirlot, Lois Pereiro, Henri Michaux, Clarice Lispector, Amiri Baraka e Wislava Szymborska.
Ourense: recital-concerto Despois de ti, a chuvia, de Xosé Carlos Caneiro
O
martes 31 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Ourense, terá lugar a presentación do libro-disco Despois de ti, a chuvia, de Xosé Carlos Caneiro, publicado en Galaxia, coa participación musical de Emilio Rúa.
Arteixo: recital poético-musical de Versus, coa participación de Óscar de Souto
O
sábado 28 de xaneiro, a partir das 22:00 horas, no Café de Fábula (Rúa Uxío Carré, 17 -Praza do Balneario-) de Arteixo, terá lugar un recital poético musical, coa actuación en primicia de Versus, palabra e guitarra a cargo de Antón Borrazás e Miguel Queipo, e a colaboración, entre outros poetas, Óscar de Souto, que aproveitará para presentar poemas inéditos do seu último traballo literario Laios d´alma.
Rianxo: presentación de Poñente, de Pere Tobaruela
O
venres 27 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo (Rúa Autores da Rianxeira, s/n), preséntase o libro Poñente, de Pere Tobaruela, publicado en Xerais. O acto, coorganizado pola editora, o Concello de Rianxo, La Voz de Galicia e a Asociación Cultural Barbantia, contará coa participación de Ana Isabel Boullón, Manuel Bragado, Xesús Laíño, Carlos Mosteiro, Adolfo Muíños e o propio autor, e será completado cunha actuación musical a cargo de Antón Alcalde e Iago Hermo (da Escola de Música de Rianxo). Ese mesmo serán inaugurarase a exposición Castelao Vive. Esculturas de Nuco Losada.
Santiago: presentación do monográfico Celso Emilio fai 100 anos
O xoves 26 de xaneiro, ás 20:00 horas,
na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o monográfico Celso Emilio fai 100 anos, publicado pola Asociación Arraianos, onde se recolle material inédito do poeta celanovés, un CD dos Labregos no tempo dos Sputniks e as colaboracións de Xesús Alonso Montero, Aser Álvarez, Miguel Castelo, Lois Codias, Carlos Díaz, Isaac Díaz Pardo, Celso Emilio Ferreiro, Luís Ferreiro, Benedicto García, X. L. Méndez Ferrín, Ramón Nicolás, Xaime Quessada, Baldo Ramos, Armando Requeixo, Xosé Benito Reza, Sabino Torres, Miro Villar, Manuel Vilanova e Xosé Vizoso. Intervirán no acto Aser Álvarez, Xoán Xosé Moralejo e Armando Requeixo. Actuarán interpretando temas musicados con versos de Celso Emilio os Labregos no tempo dos Sputniks.
Bertamiráns: Festival de apoio aos servizos públicos de Ames
Pontevedra: presentación de Para cantar veño eu!, de Rafael Quintiá Pereira
O
venres 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa Oliva, 24), o Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos, de Rafael Quintía Pereira, publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega e a A. C. Os Chichisos. No acto, acompañando ao autor, participan Rosalía Rodríguez e Paz Castro.
Santiago: nova edición do Picaversos, con Pilar Pereira, Fantoches Baj e Chus Pato
O
martes 24 de xaneiro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Loucura. A actriz Pilar Pereira, a compañía de monicreques Fantoches Baj (co texto Acrobacia Acuática, baseado en textos de Chus Pato) e a poeta Xiana Arias son os protagonistas desta próxima sesión.
