Dispoñíbeis as Actas da XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral

Xa está dispoñíbel o número 32 da revista Escrita Contemporánea, que recolle as Actas da XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Daquelas que cantan, que tivo lugar en outubro de 2024, na cidade de Lugo.

Pode descargarse desde aquí.

Pontevedra: XXVI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

PROGRAMA COMPLETO

A Coruña: presentación de Cantareiras, de Icía Varela e Xosé Manuel Varela

Compostela: concentración da Cultura Galega contra o xenocidio do pobo palestino, o 31 de marzo

O Comité de Solidaridade coa Causa Árabe (CSCA) convoca a artistas de todas as disciplinas e representantes da cultura galega a unha concentración artística en apoio ao pobo palestino e en denuncia do xenocidio que están a sufrir o vindeiro luns 31 de marzo, ás 20:00 h., na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora con esta actividade coa participación de:
Daniel Asorey
Chus Prol
Cesáreo Sánchez
Eva Teixeiro
Suso de Toro
Marga do Val

Antonio Reigosa, coordinador do caderno de Galicia Encantada: “Tapamos o baleiro que deixa a Xunta coa tradición oral”

Entrevista de Patricia Villarino a Antonio Reigosa en Nós Diario:
“- Nós Diario (ND): Galicia Encantada fai agora 20 anos. Por que se embarcou neste proxecto?
– Antonio Reigosa (AR): A tecnoloxía ofreceu unha oportunidade para un aspecto do patrimonio inmaterial como é a literatura de tradición oral –a lenda, os contos, o mito e a poesía popular–; unha oportunidade porque o fai visíbel. Na transmisión oral é importante a voz, pero tamén a xestualidade e os tempos narrativos de cada xénero. Para min, Galicia Encantada é a última oportunidade que ten a literatura popular e tradicional galega de facerse visíbel e recoñecíbel. É tamén a gran posibilidade de conectar cos galegos no mundo, os que tiveron que marchar hai moitos anos e os seus fillos e netos. Internet ofrece esa posibilidade.
– ND: Que importancia teñen as novas tecnoloxías na conservación da tradición oral?
– AR Cando empezamos hai 20 anos había xa un pouco de todo, con blogs e páxinas web, pero nos iamos dando conta das posibilidades que naquel intre abría o uso máis xeneralizado de internet… e van alá 20 anos, eu creo que é unha oportunidade, neste caso para a literatura de tradición oral, pero en xeral para a difusión do patrimonio inmaterial. Poder comunicarse a longa distancia con todo tipo de formatos… (…)”