Un
ano máis o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzan a súa undécima edición.
O tema escollido para esta edición é o de Lingua e Universidade.
– Días: 26, 27 e 28 de novembro de 2014.
– Lugar: sala do Consello de Goberno, Reitoría, A Maestranza (A Coruña).
– Prazo de inscrición ata o 21 de novembro. Pódese realizar aquí.
– Está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado da UDC que asista a esta actividade.
– Para obter o diploma de asistencia será preciso acudir ás conferencias programadas.
Arquivo da categoría: Palestras
Salamanca: conferencia O grupo Atlántica e a poesía dos oitenta, por María do Cebreiro
Viveiro: conferencia Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, por Carlos Callón
A
quinta feira 6 de novembro, ás 20:30 horas, no andar baixo da Biblioteca Municipal de Viveiro (Praza Maior), terá lugar unha conferencia baixo o título Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, impartida por Carlos Callón, autor do libro homónimo, publicado en Xerais. O acto está organizado polo Colectivo Pensamento e Sementeira.
A Coruña: Paco Martín falará sobre Á lus do candil, de Ánxel Fole
Ourense: XXIV Encontros Literarios do Liceo, con Bernardo Atxaga e Xosé Luís Méndez Ferrín
A Coruña: conferencia sobre Aspectos da toponimia coruñesa e bergantiñá, por Xosé Ramón Freixeiro Mato
O
martes 4 de novembro, ás 20:00 horas, no local social da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar a segunda conferencia do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña. Versará sobre Aspectos da toponimia coruñesa e bergantiñá, e estará a cargo de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
O Couto, Ponteceso: conferencia de Manuel Ferreiro, Perfil biográfico de Pondal
O
sábado 1 de novembro, ás 17:00 horas, na Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso), Manuel Ferreiro pronunciará a conferencia Perfil biográfico de Pondal, dentro dos actos organizados no XIX Simposio Pondaliano.
XI Simposio O libro e a lectura nos medios, o xoves 20 de novembro
A edición número once do Simposio anual O libro e a lectura, unha iniciativa da Asociación Galega de Editores organizada por vez primeira no 2003, terá lugar o 20 de novembro no auditorio do Consello da Cultura Galega. O prazo de inscrición estará aberto até o 17 de novembro. O libro e a lectura nos medios será o tema baixo o cal 14 relatores expoñerán as súas propostas e experiencias relacionadas coa realidade actual dos medios e a súa aportación e atención á lectura e o libro, cernes do coñecemento e a cultura. A entidade organizadora conta coa colaboración de CEDRO, a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega.
Este é o programa:
Crónica videográfica das IV Xornadas de Literatura e Ensino: mesa redonda Imaxinarios narrativos para o século XXI
O sábado 18 de outubro
, no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, tiveron lugar as IV Xornadas de Literatura e Ensino, baixo o título A Xeración Nós-outr@s, organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Esta á e crónica videográfica do acto, onde se poden ver as seguintes intervencións:
– Presentación da mesa redonda Imaxinarios narrativos para o século XXI, con Carlos Negro.
– Intervención de Rosa Aneiros.
– Intervención de Inma López Silva.
– Coloquio da mesa redonda Imaxinarios narrativos para o século XXI, con Rosa Aneiros e Inma López Silva.







