Vilalba: Xornadas rosalianas 2022

A Coruña: conferencia de Miguel Anxo Seixas Seoane: Castelao. Unha arte para ver, ler e pensar

O 10 de febreiro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Miguel Anxo Seixas Seoane ofrecerá a Castelao. Unha arte para ver, ler e pensar. Nela explicaranse as distintas concepcións e teorías da arte profesadas por Castelao e as diferentes manifestacións plásticas nas que se expresou ao longo da súa vida. Para asistir cómpre inscribirse mediante o seguinte formulario.

A Coruña: conferencia de Miro Villar sobre Florencio Delgado Gurriarán

O 28 de xaneiro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Miro Villar falará sobre a obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán. Partindo do seu artigo de 2006 –na revista Raigame–, “O macrotexto poético en galego de Florencio Delgado Gurriarán”, fará unha (re) lectura da obra deste poeta galego no exilio mexicano. Estudo –da súa autoría– que en forma de libro vai publicar en Edicións Xerais. As persoas interesadas deben inscribirse previamente aquí.

Rianxo: Actos Castelao, xaneiro 2022

Crónica videográfica da VI Xornada de Literatura Dramática (IV)

A VI Xornada da Sección de Literatura Dramática. Artes escénicas e comunidade en tempo de distancias foi unha actividade organizada pola AELG co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe o seguinte vídeo:

Aula maxistral. Gonçalo Amorim:

A Coruña: conferencia Florencio Delgado Gurriarán: poeta valdeorrés, republicano e galeguista, por Ricardo Gurriarán

O 12 de xaneiro, ás 19:30, na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos, 16-18, 1º), dentro do ciclo Valdeorras infinda, Ricardo Gurriarán falará sobre Florencio Delgado Gurriarán: poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Nesta palestra, Ricardo Gurriarán analizará a figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas de 2022 polo seu labor literario e o activismo político e cultural, que constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora –como sinala a Academia–, neste caso, no exilio mexicano. As persoas interesadas deben inscribirse previamente aquí.

Compostela: palestra “A lírica profana nos reinos da Galiza e Portugal”, o 3 de decembro

As prazas son limitadas polo que, por mor da situación sanitaria do momento, cómpre que se envíe a solicitude de inscrición ao correo electrónico comunicacion@ogalo.gal antes das 12:00 horas do xoves 2 de decembro de 2021, sendo imprescindíbel que cada persoa que se anote indique nese apuntamento: nome, dous apelidos, número do DNI e teléfono, por mor das normas Covid.